O pitcairnés é unha lingua crioula baseada no inglés do século XVIII e o tahitiano.[1] Xurdiu en 1790 por un grupo de amotinados británicos liderados por Fletcher Christian que se asentaron nas Illas Pitcairn despois de abandonar a súa viaxe a Tahití e queimar o seu barco, o Bounty.[2] É a principal linguas das Illas Pitcairn, malia que a forma dialectal norfolk ten máis falantes na Illa Norfolk. Isto débese á migración de xente dende Pitcairn a Norfolk en 1859, despois do cal só uns poucos regresaron. A lingua ten unha relación diglósica co inglés británico.[3]