A lingua norfolk (tamén chamada norfuk ou norf'k)[1] é unha lingua crioula falada na Illa Norfolk (no Oceáno Pacífico) polos seus residentes locais. É unha mestura do inglés do século XVIII e o tahitiano, orixinalmente introducido por falantes de pitcairnés das Illas Pitcairn. Xunto co inglés, é a lingua oficial da Illa Norfolk.[2][3]
Dende que as viaxes que conectan a illa Norfolk se foron facendo máis comúns, o norfolk está caendo en desuso.[4] Os esforzos por restaurar o uso da lingua céntranse na educación dos nenos, na publicación de dicionarios inglés-norfolk, o emprego da lingua na administración e en renomear algunhas das súas atraccións turísticas – destacando o paseo da selva "A Trip Ina Stik". No ano 2007, as Nacións Unidas engadiron ó norfolk na súa lista de linguas en perigo.[5] O norfolk está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[6]