Saltar ao contido

Pingüín de Adelia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pingüín de Adelia
Pygoscelis adeliae
Jacques Bernard Hombron, Honoré Jacquinot 1841 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. adeliae Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeSphenisciformes
FamiliaSpheniscidae
XéneroPygoscelis
EspeciePygoscelis adeliae Editar o valor en Wikidata
Hombr. e Jacquinot, 1841 Pygoscelis adeliae Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0ly7l Editar o valor en Wikidata
ITIS174445 Editar o valor en Wikidata
OTT494357 Editar o valor en Wikidata
UICN22697758 Editar o valor en Wikidata
CoL4QPKQ Editar o valor en Wikidata
EOL45512077 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) é unha especie de pingüín que habita na costa antártica, recibe o seu nome pola Terra Adelia, que á súa vez leva o nome da dona do explorador francés Jules Dumont d'Urville o descubridor deses pingüíns en 1840.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Cunha altura de 75 cm e peso de entre 3,8 e 6,8 kg[2] teñen dimorfismo sexual moi pronunciado. A súa marcas distintiva é un anel branco arredor de cada ollo e as longas plumas na base do peteiro que ocultan a maior parte da zona vermella do peteiro. O seu rabo é un pouco máis grande ca dos outros pingüíns.[3]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Pingüíns de Adelia nun iceberg

Estimábase que en 2014 había 3 790 000 [4] parellas nidificantes en 251 colonias, un aumento do 53% sobre o anterior censo completado vinte anos antes. As colonias da península Antártica declinaron pero o aumento na Antártida oriental compensa esas perdas. Durante a tempada de crianza congréganse en grandes colonias, algunha de máis dun cuarto de millón de parellas.[5]

Comportamento

[editar | editar a fonte]
Pingüins de Adelia no cabo Adare

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse principalmente de krill antártico e krill do xeo, peixes e luras glaciais. O krill pasou a ser o seu alimento principal desde hai 200 anos, coincidindo co declive das baleas e o aumento conseguinte do krill.[6]

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Apareamento de pingüíns de Adelia

Arriban á zona de crianza en outubro-novembro e fan os seus niños con pedras. En decembro machos e femias altérnanse para alimentarse e criar e en marzo adultos e crías volven ao seu lugar de orixe.

  1. Adélie, adj. and n. OED Online. Oxford University Press, March 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
  2. Beau Riffenburgh (dir.), David Ainley et al., Encyclopedia of the Antarctic, vol. 1 : A-K, USA,‎ 2007, p. 5
  3. Araya, Braulio; Millie, Guillermo (2005). Guía de campo de las aves de Chile (9a ed.). Editorial Universitaria. p. 78.
  4. "H. J. Lynch e M. A. LaRue (2014) First global census of the Adélie Penguin. The Auk: October 2014, Vol. 131, No. 4, pp. 457-466". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 03 de abril de 2015.
  5. Schwaller, M. R.; Southwell, C. J.; Emmerson, L. M. (2013). "Continental-scale mapping of Adélie penguin colonies from Landsat imagery". Remote Sensing of Environment 139: 353
  6. S.D. Emslie & W.P. Patterson (2007). "Abrupt recent shift in δ13C and δ15N values in Adélie penguin eggshell in Antarctica". Proceedings of the National Academy of Sciences 104 (28). pp. 11666–11669. PMC 1913849. PMID 17620620. doi:10.1073/pnas.0608477104.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]