Pinarello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cicli Pinarello S.p.A.
CAM00083.jpg
TipoPrivada
Fundación1952
LocalizaciónTreviso (Italia)
Persoas claveGiovanni Pinarello (fundador)
IndustriaBicicletas
ProdutosBiciletas e compoñentes
Beneficio820 millóns de $ (2007)
Páxina webwww.pinarello.com

Cicli Pinarello S.p.A., máis coñecida como Pinarello é unha empresa italiana fabricante de bicicletas con sede na cidade véneta de Treviso. A empresa foi fundada en 1952 por Giovanni Pinarello e fabrica bicicletas feitas maioritariamente a man para estrada, pista ou ciclocross.

Unha PinarelloDogma F8 co Shimano Dura Ace Di2 e o Enve 6.7 Wheelset

Durante moitos anos, Pinarello patrocinou durante moitos anos a varios equipos ciclistas profesionais como o Banesto ou o Telekom. Corredores como Miguel Indurain ou Jan Ullrich gañaron varias Grandes Voltas empregando bicicletas desta marca italiana.

Na actualidade, Pinarello patrocina ao equipo inglés, Team Sky. Ata o ano 2013, Pinarello tamén patrocinou ao Movistar Team. Pinarello conta cunha empresa filial, Ópera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]