Pilar Fernández Seijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de febreiro de 1937 (41/42 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Causa da morte | homicidio, asfixia |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, membro da resistencia |
Membro de | |
Pilar Fernández Seijo, coñecida como Montañesa, nada en Vilagarcía de Arousa cara a 1895 e finada no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciña de Trabanca Badiña. Do sindicato de metalúrxicos da CNT de Vilagarcía de Arousa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre con Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que tamén se incorporaron Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a súa casa de Trabanca Badiña na que estaban refuxiados, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta entregouse ao día seguinte. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenderon lume ao edificio e morreron carbonizados Pilar Fernández, Rodrigo Berruete, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[1] Foi xulgada por rebelión, pero suspenderon as actuacións.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 294–302. ISBN 978-84-09-02453-7.
- Fajardo, Montse (2012). Matriarcas, mulleres en pé de vida. Vilagarcía de Arousa: autor-editor. ISBN 978-84-939599-3-7.