Saltar ao contido

Francisco Baamonde García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Baamonde García
Biografía
Nacemento24 de abril de 1913 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 772

Francisco Baamonde García, nado en Vilagarcía de Arousa o 24 de abril de 1913 e finado en Pontevedra o 11 de outubro de 1937, foi un albanel, sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Albanel. Membro do sindicato Protección Obreros de Mar y Tierra de Bamio da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e integrouse no grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre con outros fuxidos: Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se foron incorporando Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta, ferido, entregouse dous días despois no cuartel. A súa declaración levou á detención de Francisco Baamonde.

O 22 de xullo de 1937 foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra pola causa 288/37 acusado de auxilio á rebelión xunto con Ángel Buceta. Aínda que o fiscal pediu para el cadea perpetua, foi condenado a pena de morte igual de Ángel Buceta. Foron executados o 11 de outubro de 1937 ás seis da mañá, na avenida de Buenos Aires de Pontevedra, por unha sección da Garda de Asalto.[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[2]

  1. El Compostelano, 13-10-1937, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 1-6-1940, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]