Saltar ao contido

Urbano Tarrío Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUrbano Tarrío Montero
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 770

Urbano Tarrío Montero, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1910 e finado no mesmo concello o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xornaleiro veciño de Rubiáns. Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Foi detido pola Garda Civil en xaneiro de 1936 logo dunha pelexa na que agrediu a Jesús Daponte Barreiro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e incorporouse ao grupo guerrilleiro de Rodrigo Beruete Alejandre. Ante a persecución da Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía agochouse na casa de Josefa Barreiro González. O 17 de marzo de 1937 entrou na casa de Josefa unha cuadrilla de falanxistas baixo o mando de Mouriño e mataron a Urbano alí mesmo. Levaron a Josefa á sede de Falange onde foi torturada e asasinada o 19 de marzo. Foi soterrada nunha fosa común do cemiterio municipal de Vilagarcía.

  1. El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 32.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]