Pobos pigmeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pigmeos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os pigmeos aka na conca do río Congo en 2014.

En antropoloxía, os pobos pigmeos[1] son grupos étnicos cuxa altura mediana é infrecuentemente curta. O termo pigmeísmo é empregado para describir o fenotipo da estatura baixa endémica (en oposición ó ananismo desproporcionado que ocorre en casos illados nunha poboación) nas poboacións humanas nas que o varón adulto mide menos de 150 cm de altura.[2]

O termo é asociado principalmente ós pigmeos africanos, pobos cazadores-recolectores da conca do río Congo (que inclúen os bambenga, os mbuti e os batwa).[3] O termo "pigmoide" é unha categoría racial tradicional para os pigmeos de África central, considerada un subgrupo da categoría negroide.[4] O termo "pigemos asiáticos" foi usado para describir as poboacións de "negritos das sueste marítimo de Asia e outros pobos austroloides de baixa estatura.[5]

O pobo taron de Myanmar é un caso excepción de poboación "pigmea" do fenotipo mongoloide.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pigmeo.
  2. Encyclopædia Britannica: Pygmy Arquivado 2007-03-28 en Wayback Machine.. Britannica.com. Consultado o 11 de outubro de 2011.
  3. http://www.pygmies.org/#introduction Arquivado 7 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. African Pygmies
  4. Egon Freiherr von Eickstedt (1934), cited by John Murphy, The Origins and History of Religions, Manchester University Press (1949), p. 52.
  5. The Armand de Quatrefages, Armand de Quatrefages de Bréau, Pygmies (1895).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]