Pieter Sjoerds Gerbrandy
(1942) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de abril de 1885 Goaiïngamieden |
| Morte | 7 de setembro de 1961 A Haia |
| Lugar de sepultura | Oud Eik en Duinen (en) |
| Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos | |
| 23 de outubro de 1956 – 19 de marzo de 1959 | |
| Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos | |
| 27 de xullo de 1948 – 3 de xullo de 1956 | |
| Formateur (en) | |
| 8 de febreiro de 1945 – 22 de febreiro de 1945 | |
| Formateur (en) | |
| 1 de xullo de 1941 – 26 de xullo de 1941 | |
| Primeiro ministro dos Paises Baixos | |
| 3 de setembro de 1940 – 24 de xuño de 1945 ← Dirk Jan de Geer – Wim Schermerhorn → | |
| Formateur (en) | |
| 28 de agosto de 1940 – 30 de agosto de 1940 | |
| Minister of Justice (en) | |
| 1939 – 1942 | |
| Ministro de xustiza | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexas Reformadas |
| Educación | Vrije Universiteit Amsterdam Universidade de Edimburgo |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, xurista, xefe de goberno, profesor universitario, político, ministro |
| Empregador | Vrije Universiteit Amsterdam, catedrático de universidade (1930–1939) |
| Partido político | Partido Antirrevolucionario |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hendrina Elisabeth Sikkel |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Anne Frank Knowledge Base (en) |
Pieter Sjoerds Gerbrandy, nado o 13 de abril de 1885 en Goaiïngea e finado o 7 de setembro de 1961 na Haia, foi un avogado e político neerlandés que foi primeiro ministro do goberno neerlandés no exilio, durante a segunda guerra mundial, do 3 de setembro de 1940 ata o 24 de xuño de 1945
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gerbrandy naceu nunha aldea preto de Snits en Frisia. Estudou na Universidade Libre de Ámsterdan, despois de se graduar en 1911 exerceu como avogado en Leiden e despois en Snits. En 1918 como capitán na reserva foi de voluntario á Haia para facer fronte á proclamación da revolución socialista polo líder socialista Pieter Jelles Troelstra. Entre 1920 a 1930 foi membro da asemblea provincial polo Partido Antirrevolucionario. Desde 1930 era profesor na Universidade Libre de Ámsterdan e en 1939 fora ministro de Xustiza no gabinete de Dirk Jan de Geer contra a recomendación do seu partido. Tras a invasión alemá en 1940, e o exilio da familia real e o goberno, polo seu rexeitamento da política derrotista de De Geer a raíña Guillermina nomeouno primieiro ministro do goberno neerlandés no exilio, servindo tamén como ministro de xustiza e colonias. Pola súa iniciativa comezou a emitir Radio Oranje que subministraba información á poboación neerlandesa baixo ocupación alemá e no que el emitía chamados á poboación. Despois da liberación du sur do país, ao marchar os ministros socialistas formou un novo goberno, estritamente subordinado ao goberno militar e tras a total liberación dos Países Baixos cesou nas súas funcións. Gerbrandy opúxose á chamada "política indonesia" e presidiu de 1946 a 1950 o Comité Nacional para a Preservación da Unidade do Reino, que se opuña á independencia de Indonesia. Entre 1948 e 1959 foi deputado no Parlamento, e en 1955 concedéronlle o título de Ministro de Estado e en 1956 estivo na coñecida como comisión Beel que se encargou do affaire Greet Hofmans e da súa relación coa Casa Real.