Pierre Garand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Garou
Garou avp Iron Man 3 Paris.jpg
Garou en abril de 2013.
Nome completoPierre Garand
Nacemento26 de xuño de 1972 (47 anos)
OrixeFlag of Canada.svg Sherbrooke, Quebec, Canadá
OcupaciónCantante, actor
XéneroVariété
Instrumento(s)Voz
Selo(s) discográfico(s)Sony (1998 - 2012), Mercury Records (a partir de 2012)
Relacionado conPatrick Fiori, Daniel Lavoie, Gérard de Palmas, Marc Dupré, Céline Dion, Luc Plamondon, Jean-Jacques Goldman, Jacques Veneruso
Tempo en activo1998 - actualidade
Na rede
GarouLand.com
editar datos en Wikidata ]

Pierre Garand, máis coñecido como Garou, nado o 26 de xuño de 1972 en Sherbrooke, Quebec (Canadá), é un cantante francófono, famoso en países como Canadá, Francia, Bélxica, Suíza ou Polonia.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia comezou a tocar a guitarra nun grupo da súa escola e, tras terminar os seus estudos secundarios, fixo o servizo militar, onde o contrataron como trompetista.

En 1992 comezou a tocar en bares e en 1995 creou con outros músicos o grupo The Untouchables. En 1997 o famoso compositor Luc Plamondon descubriuno e Garou conseguiu o papel de Quasimodo no musical Notre-Dame de Paris, do que se realizaron máis de 100 representacións entre Montreal, París e Londres. A obra recibiu eloxios por parte da crítica e do público e tamén numerosos premios.[1][2]

Xa no ano 2000, aproveitando a notoriedade que alcanzara, lanzouse a unha carreira en solitario co disco Seul, onde conta cun repertorio coidadosamente seleccionado por Luc Plamondon, na maioría dos temas e a presenza de produtores de renome como David Foster, Walter Afanasieff, Aldo Nova e Humberto Gatica. O álbum conseguiu un enorme éxito no mercado francófono, chegando á certificación de triplo platino en Canadá (máis de 300.000) e a de dobre diamante en Francia (máis de 2.000.000). Ao ano seguinte realizou unha xira por Canadá e Europa, da que sacou o álbum en directo Seul… avec vous que recolle os mellores temas do séu primeiro álbum máis varias cancións de Notre-Dame de Paris, así como algúns temas favoritos do cantante como You Can Leave Your Hat On ou La bohème.

En 2003 lanzou o seu segundo disco de estudo Reviens, cun son máis acústico e rodeado de novo por grandes compositores como Jean-Jacques Goldman, Erick Benzi, Jacques Veneruso e Luc Plamondon. Posteriormente saíu unha reedición do álbum que inclue o exitoso dúo con Michel Sardou La rivière de notre enfance.

Non foi ata 2006 cando saíu o seu terceiro álbum, que leva por título o propio nome do artista, no que se reafirma como unha das voces masculinas máis importantes e cautivadoras da música francófona cunhas vendas totais superiores aos 5 millones de exemplares.[3]

En maio de 2008 lanzou un novo disco, o primeiro da súa carreira en inglés, titulado Piece of My Soul, cuxo sinxelo de presentación foi Stand Up. O álbum inclue unha versión do tema First Day of My Life, popularizado por Melanie C, e producírono Peer Astrom e Vito Luprano, entre outros.

A finais de 2009 Garou volveu co seu quinto disco de estudo, un álbum de versións de famosos temas de diferentes épocas e estilos, tanto en inglés como en francés. En Gentleman Cambrioleur hai canciones de Frank Sinatra (I Love Paris), Charles Aznavour (À ma fille), U2 (New Year's Day), Rod Stewart (Da Ya Think I'm Sexy), Leonard Cohen (Everybody Knows) ou Madonna (Sorry), entre outros. Garou elixiu personalmente os temas. O título do álbum, e o tema, "Cabaleiro ladrón" refírese á idea de roubar cancións doutros para levarlas a un novo estilo musical. Este foi o primeiro traballo do artista no seu propio selo discográfico, Wolfgang Entertainment.

En 2010 o artista regresou ao panorama musical co seu sexto disco de estudo: Version intégrale co tema de presentación J'avais besoin d'être là. Para promocionalo, Garou realizou unha pequena xira por Francia e Europa do Este, pero o álbum case non tivo repercusión.

Actualmente Garou actúa para o Circo do sol no show Zarkana.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Notre-dame de Paris Album de estudo (1998)
  • Notre-Dame de Paris Gravado en vivo no Palacio de Congresos de París (1999)
  • Seul (en francés) (2000)
  • Seul... avec vous (en francés e inglés) (2001)
  • Reviens (en francés) (2003)
  • Garou (en francés) (2006)
  • Piece of My Soul (en inglés) (2008)
  • Gentleman cambrioleur (en francés e inglés) (2009)
  • Version intégrale (en francés) (2010)
  • Rhythm and Blues (en francés e inglés) (2012)
  • Rhythm and Blues (reedición) (en francés e inglés) (2012)

DVD[editar | editar a fonte]

  • Notre-Dame de Paris Espectáculo musical de Luc Plamandon no Palacio de Congresos de París (2000)
  • Live à Bercy (2002)
  • Routes (existe en simple ou double DVD) (2005)

DualDisc[editar | editar a fonte]

  • Garou (2006)
    • Face CD : Les titres de l'album Garou.
    • Face DVD : Os videoclips L'Injustice e Je suis le même forman un video de arredor de 7 minutos, un reportaxe e un programa interactivo que permite ecoitar o álbum.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Belle 1998
  • Dieu que le monde est injuste (v) (1999)

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

  • Seul (v) (2000)
  • Gitan (v) (2000)
  • Sous le vent (v) (2001)
  • Que l'amour est violent (2001)
  • Jusqu'à me perdre (2003)
  • Je n'attendais que vous (v) (2004)
  • Le monde est stone (v) (2004)
  • Reviens (Ou te caches-tu) (v) (2004)
  • La rivière de notre enfance (v) (2004)
  • L'aveu (2004)
  • Et si on dormait (v) (2005)
  • Passe ta route (v) (2006)
  • Je Suis Le Même (au Québec) (v) (2006)
  • Que le temps (au Québec) (2006)
  • L'injustice (en France) (v) (2006)
  • Stand Up (v) (2008)
  • Heaven's table (v) (2008)
  • First day of my life (2009)
  • New year's day (2009)
  • Aimer d'amour (2010)
  • J'avais besoin d'être là (2010)
  • For you (2011)
  • Le jour se lève (v) (2012)
  • I put a spell on you (v) (2012)

(v) : Vídeo dispoñible

Dúos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Premios ADISQ 1999 (3 premios a 'Notre-Dame de Paris')". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 05 de decembro de 2012. 
  2. "Premios ADISQ 2000 (1 premio a 'Notre-Dame de Paris')". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 05 de decembro de 2012. 
  3. "Vendas de Garou (Noticia do 15 de maio de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2009. Consultado o 05 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]