Saltar ao contido

Philosophie zoologique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Philosophie zoologique ou exposition des considérations relatives à l'histoire naturelle des animaux
Título da páxina da primeira edición, 1809
Autor/aJean-Baptiste Lamarck
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Tema(s)Zooloxía, evolución
Xénero(s)Literatura científica
EditorialMuseo Nacional de Historia Natural, Francia
Data de pub.1809
editar datos en Wikidata ]

Philosophie zoologique (Filosofia zoolóxica), cuxo título completo era Philosophie zoologique ou exposition des considérations relatives à l'histoire naturelle des animaux, é un libro publicado en 1809 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, no cal se esboza a súa teoría da evolución predarwinista, parte da cal se denomina agora lamarckismo.

No libro, Lamarck expón dúas supostas leis que permitirían ás especies animais adquirir crcterísticas baixo a influencia do ambiente. A primeira lei di que o uso e desuso dunha estrutura corporal causaría o crecemento ou diminución, respectivamente, de dita estrutura co paso das xeracións. A segunda lei afirmaba que tales cambios adquiridos durante a vida serían herdados (herdanza dos caracteres adquiridos). Ambas as condicións xuntas supoñen que as especies cambian continuamente por adaptación ao seu ambiente, formando unha serie de ramificacións nos camiños evolutivos.

Lamarck foi en gran medida ignorado polo maior dos zoólogos franceses, Georges Cuvier, pero espertou moito máis interese fóra de Francia. O libro foi lido coidadosamente, aínda que a súa tese foi rexeitada, por científicos do século XIX, como o xeólogo Charles Lyell e o anatomista comparado Thomas Henry Huxley. O propio Charles Darwin recoñecía a Lamarck como un importante zoólogo, e a súa teoría considérase un antecedente da teoría da evolución de Darwin por selección natural.

Contexto[editar | editar a fonte]

Lamarck retratado por Charles Thévenin (c. 1802)

Jean-Baptiste Lamarck (1744–1829) foi un membro da Academia Francesa das Ciencias e un profesor de botánica no Jardin des Plantes e despois converteuse no primeiro profesor de zooloxía no novo Museo Nacional de Hirstoria Natural francés. Fíxose coñecido polo seu traballo sobre a taxonomía dos invertebrados, especialmente dos moluscos. Porén, é lembrado principalmente pola teoría que leva o seu nome, o lamarckismo, e en especial pola súa idea de que o ambiente (que Lamarck chmaba as condicións e vida) daba lugar a cambios evolutivos hereditarios e permanentes nos animais.[1] Describiu a súa teoría na súa obra de 1802 Recherches sur l'organisation des corps vivants, e despois en 1809 na súa Philosophie zoologique, e posteriormente na súa Histoire naturelle des animaux sans vertèbres, (1815–1822).[1]

Libro[editar | editar a fonte]

Lamarck usou a rata toupa cega (Spalax) como exemplo da perda de función a través do desuso. Os diminutos ollos dese animal están completamente cubertos por unha capa de pel.

Na súa Philosophie zoologique Lamarck propuxo que as especies poderían adquiir novas características debido ás influencias do seu ambiente en dúas regras que el chamou leis. A súa primeira lei estableceu que o uso e o desuso de estruturas corporais causaría que estas crecesen ou se reducisen no decurso de varias xeracións. A súa segunda lei sostén que calquera cambio feito desta maneira será herdado. Xuntas, as leis de Lamarck implican a adaptación constante dos animais ao seu ambiente.[1]

Deulle nomes a varias estruturas vestixiais no seu libro, entre elas os ollos vestixiais da rata toupa cega do xénero Spalax, que vive baixo terra e aparentemente exponse á luz aínda menos que a toupa. Esta especie perdeu a vista e só mostra vestixios do ollo.[2]

Lamarck describiu a especiación da seguinte maneira:[3]

como as novas modificacións continuarán necesariamente actuando, aínda que lentamente, non só se atoparán continuamente novas especies, novos xéneros e novas ordes, senón que cada especie variará nalgunhas partes da súa esturtura e formará ... individuos que por causas especiais son transportados a situacións moi diferentes daquelas onde os outros se encontran, e entón constantemente sometida a outras influencias, a primeira, digo, asume novas formas, e entón constitúe unha nova especie.

Argumentou que as lagoas no rexistro fósil entre diferentes tipos de animais resultaron da extinción de formas intermedias, en:

unha serie ramificada, graduada irregularmente que non ten descontinuidade nas súas partes, ou que, polo menos, se é certo que hai algunha [lagoa] debido a especies perdidas, non sempre foi así. Disto séguese que as especies que terminan cada rama da serie xeral están relacionadas, polo menos por un lado, coas outras especies veciñas que lles dan sombra.

Lamarck propuxo a transmutación das especies ("transformisme"), pero non cría que todos os seres vivos compartisen un antepasado común. Máis ben cría que as formas de vida simples se creaban continuamente por xeración espontánea. Tamén cría que unha forza vital innata, que el ás veces describía como un fluído nervioso, facía que as especies fosen cada vez máis complexas, avanzando nunha escada liñal de complexidade similar á gran cadea de seres medieval.[5][6]

Contidos[editar | editar a fonte]

Representación da árbore da vida de Lamarck de 1809 das orixes dos grupos animais que se encontra en Philosophie zoologique cos camiños evolutivos ramificados.

O primeiro volume trata da historia natural, o segundo da fisioloxía e o terceiro da psicoloxía.[7] Os números das páxinas danse entre parénteses e os títulos danse na lingua orixinal francesae entre corchetes unha tradución.

VOLUME 1

Avertissement (I–XXV) [Advertencia]

Discours Préliminaire (1) [Discurso preliminar]

Première Partie [Primeira parte]

(Considérations sur l'Histoire naturelle des Animaux, leurs caractères, leurs rapports, leur organisation, leur distribution, leur classification et leur espèces) [(Consideracións sobre a Historia natural dos Animais, os seus caracteres, as súas relacións, a súa clasificación e as súas especies)]

I. Des Parties de l'art dans les productions de la Nature (17) [Das partes da arte nas producións da Natureza]

II. Importance des Rapports (39) [Importancia das relacións]

III. De l'Espèce parmi les Corps vivans, et de l'idée que nous devons attacher à ce mot (53) [Da especie entre os corpos viventes, e a idea de que nós debemos asociar a esa palabra]

IV. Généralités sur les Animaux (82) [Xeneralidades sobre os animais]

V. Sur l'Etat actuel de la Distribution et de la Classification des Animaux (102) [Sobre o estado actual da distribución da clasificación dos animais]

VI. Dégradation et simplification de l'organisation d'une extrémité a l'autre de la Chaîne animale (130) [Degradación e simplificación da organización dun extremo ao outro da cadea animal]

II. De l'influence des Circonstances sur les actions et les habitudes des Animaux, et de celle des actions et des habitudes de ces Corps vivans, comme causes qui modifient leur organisation et leurs parties (218) [Da influencia das circunstancias sobre as accións e os hábitos dos animais, e da das accións e hábitos deses corpos viventes, como causas que modifican a súa organización e as súas partes]

VIII. De l'Ordre naturel des Animaux et de la disposition qu'il faut donner a leur distribution generale pour la rendre conforme a l'ordre meme de la nature (269) [Da orde natural dos animais e da disposición que cómpre darlle á súa distribución xeral para facela conforme á orde mesma da natureza]

Seconde Partie [Segunda parte]

(Considerations sur les Causes physiques de la Vie, les conditions qu'elle exige pour exister, la force excitatrice de ses mouvemens, les facultes qu'elle donne aux corps qui la possedent, et les resultats de son existence dans les corps)(359) [(Consideracións sobre as causas físicas da vida, as condicións que ela esixe para existir, a forza excitatoria dos seus movementos, as facultades que lle dá aos corpos que a posúen, e os resultados nos corpos)]

Introduction (359) [Introdución]

I. Comparison des Corps inorganiques avec les Corps vivans, suivie d'un Parallele entre les Animaux et les Vegetaux (377) [Comparación dos corpos inorgánicos cos corpos viventes, seguido dunha comparación entre os animais e os vexetais]

II. De la Vie, de ce qui la constitue, et des Conditions essentielles a son existence dans un corps (400) [Da vida, do que a constitúe, e das condicións esenciais para a súa existencia nun corpo]

VOLUME 2 [edición de 1830]

III. De la cause excitatrice des mouvemens organiques (1) [Da causa excitatoria dos movementos orgánicos]

IV. De l'orgasme et de l'irritabilité (20) [Do orgasmo e a irritabilidade]

V. Du tissu cellulaire, considere comme la gangue dans laquelle toute organisation a ete formee (46) [Do tecido celular, considerado como a coiraza na cal se formou toda a organización]

VI. Des generations directes ou spontanees (61) [Das xeracións directas e espontáneas]

VII. Des resultats immediats de la vie dans un corps (91) [Dos resultados inmediatos da vida nun corpo]

VIII. Des facultes communes a tous les corps vivans (113) [Das facultades comúns a todos os corpos viventes]

IX. Des facultes particulieres a certains corps vivans (127) [Das facultades particulares a certos copos viventes]

Troisieme Partie [Terceira parte]

Introduction (169) [Introdución]

I. Du système nerveux (180) [Do sistema nervioso]

II. Du fluide nerveux (235) [Do fluído nervioso]

III. De la sensibilité physique et du mécanisme des sensations (252) [Da sensibilidade física e do mecanismo das sensacións]

IV. Du sentiment intérieur, des émotions qu'il est susceptible d'éprouver, et de la puissance (276) [Do sentimento interior, das emocións que é susceptible de experimentar, e da potencia]

V. De la force productrice des actions des animaux (302) [Da forza produtora das accións dos animais]

VI. De la volonté (330) [Da vontade]

VII. De l'entendement, de son origine, et de celle des idees (346) [Do entendemento, da súa orixe, e da das ideas]

VIII. Des principaux actes de l'entendement (388) [Dos principais actos do entendemento]

De l'imagination (411) [Da imaxinación]

De la raison et de sa comparaison avec l'instinct (441) [Da razón e da súa comparación co instinto]

Additions relatives aux chapitres VII et VIII de la premiere partie (451) [Adicións relativas aos capítulos VII e VIII da primeira parte]

Recepción[editar | editar a fonte]

A teoría evolutiva de Lamarck tivo pouco impacto inmediato nos seus colegsas zoólogos ou no público da súa época. O historiador da ciencia Richard Burkhardt argumenta que isto se debeu a que Lamarck estaba convencido de que as súas ideas serían mal recibidas, e fixo pouco esforzo en presentar persuasivamente a súa teoría.[8]

No mundo de fala francesa durante a vida de Lamarck, as súas teorías foron rexeitadas pola maioría dos zoólogos do seu tempo, incluíndo Georges Cuvier. Porén, tivo un maior impacto fóra de Francia e despois da súa morte, onde científicos de primeiro nivel como Ernst Haeckel, Charles Lyell e o propio Charles Darwin recoñecérono como un grande zoólogo, que presentara teorías que presaxiaban a evolución darwinista.[1]

En 1830–1833, Charles Lyell, nos seus Principles of Geology, resumiu coidadosamente a teoría de Lamarck (nunhas 6 páxinas, con referencias cruzadas a Philosophie zoologique) e despois criticouna rotundamente. Lyell empezou sinalando que Lamarck non dá exemplos ningúns do desenvolvemento de calquera función enteiramente nova ("a substitución dalgún sentido, facultade ou órgano enteirametne novo") pero soamente porba que as "dimensións e forza" dalgunhas partes poden incrementarse ou diminuír. Lyell di que con esta "indiferenza polas estritas regras da indución" Lamarck "recorre a ficcións". Lyell continúa, asumindo só para argumentar que Lamarck estaba no certo sobre a creación de novos órganos, que a teoría de Lamarck significaría que en lugar de que a natureza e forma dun animal dese lugar ao seu comportamento, o seu comportamento determinaría...[9]

...a forma do seu corpo, o número e condición dos seus órganos, en poucas palabras, as facultadas das que goza. Así as londras, castores, aves acuáticas, tartarugas e ras, non foron feitas con pés palmados para que puidesen nadar; senón que como os seus desexos os atraeron á auga en busca de presas, estenderon as súas dedas dos pés para bater a auga e moverse rapidamente pola súa superficie. Pola repetida extensión das dedas, a pel que as unía á base adquiriu un hábito de extensión, ata que, co paso do tempo, formáronse as membranas anchas que agora conectan as súas extremidades.[9]

Lyell critica igualmente a maneira na que Lamarck supoñía que o antílope e a gacela adquiriron "formas áxiles lixeiras" capaces de correr velozmente; ou o "camelopardo" (xirafa) quedou "dotado cun pescozo longo e flexible".[9]

O lamarckismo foi popularizado no mundo angloparlante pola obra especulativa Vestiges of the Natural History of Creation, publicada anonimamente por Robert Chambers en 1844.[10]

En 1887 Thomas Henry Huxley, o anatomista comparado coñecido como o "bulldog de Darwin" polo seu enérxico apoio á evolución darwinista,[11] escribiu que

Con respecto a Philosophie Zoologique, non é un reproche a Lamarck dicir que a discusión da cuestión da Especie nesa obra, o que fose que se puidese dicir dela en 1809, estaba totalmente por debaixo do nivel de coñecementos de medio século máis tarde. Nese intervalo de tempo, a dilucidación da estrutura dos animais inferiores e plantas deu lugar a concepcións completamente novas das súas relacións; creáronse a histoloxía e embrioloxía no sentido moderno; a fisioloxía foi reconstituída; os feitos da distribución, xeolóxica e xeográfica, foron prodixiosamente multiplicados e postos en orde. Para calquera biólogo cuxos estudos o tivesen levado alén da simple busca de especies en 1850, a metade dos argumentos de Lamarck eran obsoletos e a outra metade erróneos ou defectuosos, por mor de omitir tratar coas varias clases de probas que saíron á luz desde aquela. Ademais, a súa única suxestión en canto á causa da modificación gradual da especie —esforzo excitado polo cambio de condicións— era, a primeira vista, inaplicable a todo o mundo vexetal. Non penso que ningún xuíz imparcial que lea Philosophie Zoologique agora, e que despois acepte a crítica aguda e efectiva de Lyell (publicada arredor de 1830), estará disposto a adxudicar a Lamarck un lugar moito máis alto no establecemento da evolución biolóxica que o que Bacon se asigna a sí mesmo en relación coa ciencia física xeralmente, buccinator tantum.

Versións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Waggoner, Ben; Speer, Brian R. "Jean-Baptiste Lamarck (1744-1829)". UCMP Berkeley. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  2. Dampier, Sir William Cecil; Dampier, Margaret (1924). Cambridge Readings in the Literature of Science: Being Extracts from the Writings of Men of Science to Illustrate the Development of Scientific Thought. CUP Archive. p. 201. GGKEY:2ZAX2F9PQD1. 
  3. 3,0 3,1 Packard, Alphaeus Spring (1901). Lamarck, the Founder of Evolution. Longmans, Green. p. 240.
  4. "Outlines of evolutionary biology", de Arthur Dendy e Maurice Burton na páxina 387
  5. Bowler, Peter J. (2003). Evolution:The History of an Idea. University of California Press. pp. 86–94. ISBN 0-520-23693-9. 
  6. Larson, Edward J. (2004). Evolution:The Remarkable History of Scientific Theory. Modern Library. pp. 38–41. ISBN 0-679-64288-9. 
  7. Gillispie, Charles Coulston (1960). The Edge of Objectivity: An Essay in the History of Scientific Ideas. Princeton University Press. p. 271. ISBN 0-691-02350-6. 
  8. Burkhardt, Richard W. Jr (1970). "Lamarck, Evolution, and the Politics of Science". Journal of the History of Biology 3 (2): 275–298. JSTOR 4330543. PMID 11609655. doi:10.1007/bf00137355. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Lyell, Charles (1830). Principles of Geology. Murray. pp. Volume 2, Book III, Chapters 1 and 2, Pages 326–366.  (Public Domain)
  10. Secord, James A. (2000). Victorian Sensation: The Extraordinary Publication, Reception, and Secret Authorship of Vestiges of the Natural History of Creation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-74410-0. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-16. Consultado o 2014-12-31. 
  11. Encyclopædia Britannica Online (2006). "Thomas Henry Huxley". Encyclopædia Britannica Inc. Consultado o 31 December 2014. 
  12. A frase latina Ego enim buccinator tantum, pugnam non ineo significa aproximadamente "Pois eu son só un trompeteiro, non un combatente". Procede do De Augmentis Scientiarum de Bacon.
  13. Bacon, Francis (1826). Works of Francis Bacon. p. 187. 
  14. Huxley, Thomas Henry (2000). On The Reception of The 'Origin Of Species'. Gutenberg.  (en dominio público)