Saltar ao contido

Phengaris alcon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Phengaris alcon
 Nome taxon
    Phengaris alcon
Michael Denis, Ignaz Schiffermüller (pt) Traducir 1775 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Características
 Hóspede
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeLepidoptera
FamiliaLycaenidae
TriboPolyommatini
XéneroPhengaris
EspeciePhengaris alcon Editar o valor en Wikidata
Denis e Schiffermüller, 1775 Phengaris alcon Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/09mwbj Editar o valor en Wikidata
OTT906238 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Phengaris alcon é unha especie de bolboreta da familia dos licénidos que habita en Europa e Asia setentrional. Pode ser vista durante o verán. Como outras especies de Lycaenidae, no seu estadio larval (eiruga) depende do apoio de certas formigas; como tal é designada como unha especie mirmecófila, un exemplo de coevolución.

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]
Ovos de Phengaris alcon en Gentiana pneumonanthe

Esta bolboreta deposita os seus ovos na Gentiana pneumonanthe; (na rexión dos Alpes son ás veces atopados na Gentiana asclepiadea). As eirugas non comen outras plantas.[1]

As larvas abandonan a planta despois de medrar abondo (4º estadio) e agardan no chan até ser atopadas por determinadas formigas. As larvas emiten químicos superficiais (alomonas) moi semellantes ás das larvas das formigas, o que induce ás formigas a transportar as larvas da bolboreta ó interior dos seus formigueiros, colocándoas a carón das súas larvas; alí son alimentadas polas formigas obreiras mentres que a formigueira devora as larvas das formigas.[2]

Cando a larva da bolboreta está totalmente desenvolvida transfórmase en pupa. Cando o adulto emerxe ten que emprender a fuga do niño de formigas. Estas recoñecen a bolboreta como un intruso, pero cando tratan de atacala coas súas mandíbulas non conseguen agarrala pois a bolboreta posúe unha capa espesa de escamas que se soltan facilmente.[3]

  1. Bellmann, Heiko (2003): Der neue Kosmos-Schmetterlingsführer.
  2. Caterpillars con ants with smell, BBC News, 4 de xaneiro de 2008
  3. Piper, Ross (2007), Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals, Greenwood Press.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]