Alomona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha alomona é unha substancia química producida e liberada polos individuos dunha especie que afecta o comportamento doutra especie para beneficio do produtor da substancia pero non do receptor.[1] A produción de alomonas é unha forma común de defensa, especialmente polas especies de plantas contra os insectos herbívoros. Tamén as usan os depredadores.

Moitos insectos desenvolveron modos de defenderse contra estas defensas contra herbívoros das plantas (nunha carreira de armamentos evolutiva). Un método de adaptarse ás alomonas é desenvolver unha reacción positiva a elas; a alomona entón pasa a funcionar como unha cairomona. Outros alteran as alomonas para formar feromonas ou outras hormonas, e outros mesmo as adoptan como estratexia defensiva propia, por exemplo regurxitándoas cando son atacados por outros insectos predadores.

Unha terceira clase de aleloquímico (composto químico usado na comunicación interespecífica) chamado sinomona beneficia a ambos, tanto ao emisor coma ao receptor.[1]

"Alomona foi proposta por Brown e Eisner (Brown, 1968) para denotar aquelas substancias que dan unha vantaxe ao emisor. Como Brown e Eisner non especificaron se o receptor se beneficiaba ou non, a definición orixinal de alomona incluía tanto substancias que beneficiaban ao receptor coma ao emisor, coma substancias que só beneficiaban ao emisor. Un exemplo desta primeira relación sería unha reación mutualista, e do último sería unha secreción repelente."[2]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Alteran o crecemento e desenvolvemento e reducen a lonxevidade dos adultos, por exemplo, as toxinas ou factores que reducen a dixestibilidade.

Alteran o comportamento de selección normal de hóspede; por exemplo, repelentes, supresores, excitantes da locomoción.

Plantas que producen alomonas[editar | editar a fonte]

Un exemlo de planta que produce alomonas é Desmodium.

Insectos que producen alomonas[editar | editar a fonte]

Un exemplo de insectos que producen alomonas é Lomamya latipennis. As larvas do insecto beteroide Lomamyia latipennis aliméntanse de térmites, que someten con alomonas agresivas. O primeiro ínstar aproxímase ás termites e fai oscilar a punta do seu abdome preto da cabeza das termites. A termite queda inmóbil despois de 1 a 3 mitutos e queda completamente paralizada moi pouco despois, aínda que pode seguir viva durante unhas 3 horas. Entón, o beteroide aliméntase das súas presas paralizadas. O terceiro ínstar aliméntase de xeito similar e pode matar ata seis termitas á vez. O contacto físico entre a termita e o beteroide non é necesario para este sometemento, e outros insectos presentes non se ven afectados pola alomona.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Grasswitz, T.R. and G.R. Jones (2002). "Chemical Ecology". Encyclopedia of Life Sciences. John Wiley & Sons, Ltd. doi:10.1038/npg.els.0001716. 
  2. Weldon, Paul J. Journal of Chemical Ecology. p. 719. doi:10.1007/BF00987681. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  3. Insects as Predators by T New, published by NSW University Press in 1991

Véxase tamén[editar | editar a fonte]