Pharsman II de Iberia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPharsman II de Iberia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor em Wikidata
Mtskheta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte132 Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Enfermidade de orixe alimentaria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMtskheta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
King of Iberia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIberia caucásica Editar o valor em Wikidata
RelixiónGeorgian mythology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxefe de Estado Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Pharnavaziana Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGhadana of Armenia
FillosGhadam of Iberia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAmazasp I of Iberia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relevo representando a Pharsman II

Pharsman II o Bravo ou o Benfeitor (xeorxiano: ფარსმან II ქველი), foi rei de Kartlii da dinastía Pharnavaziana, contemporáneo do emperador romano Hadriano (r. 117–138). O especialista Cyril Toumanoff suxeriu que o seu reinado abranguería do 116 ao 132 mentres que William E. D. Allen estimou do 116 ao 140 [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo os anais medievais xeorxianos, Pharsman gobernou conxuntamente con Pharsman Avaz nunha diarquía pero non hai evidencia contemporánea da súa existencia. Segundo as crónicas Pharsman era fillo do seu predecesor, o rei Hamazasp I e casou con Ghadana, filla do rei Vologases III de Partia que gobernaba en Armenia durante un período de conflitos internos. Os autores clásicos contemporáneos constatan as súas difíciles relacións con Roma, segundo Aelius Spartianus, un dos autores da Historia Augusta no ano 129 rexeitou renderlle homenaxe ao emperador Hadriano. Pharsman nunha viaxe ao leste afoutou aos alanos para que atacasen as provincias romanas veciñas permitíndolle o paso polo seu reino, a pesar dos importantes galanos, incluíndo un elefante de guerra, que emperador enviara ao rei de Iberia. As fontes clásicas tamén rexistran unha visita do rei ao sucesor de Hadriano, Antonino Pío, segundo Dión Casio foi a Roma como convidado do emperador, xunto coa súa dona, fillo e unha comitiva de nobres e recibiu honras especiais, mesmo puido facer sacrificios no Capitolino e ter a súa propia estatua equestre no templo de Belona, incrementando o emperador o territorio do seu reino.[2], aínda que para algúns autores estas referencias poderían corresponder con Pharsman III, o neto de Pharsman II.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William E.D. Allen, A History of the Georgian People, Routledge & Kegan Paul Ltd., Londres, 1932, reedición 1971 p. 376.
  2. Kavtaradze, Giorgi Leon (June 2000). "Caucasica II: The Georgian Chronicles and the Raison d'Ètre of the Iberian Kingdom", Orbis Terrarum: p. 218.
  3. Toumanoff, Cyril. "Chronology of the Early Kings of Iberia". Traditio 25 (1969), p. 17