Petróglifos de Ghorghalado
Coordenadas: 41°55′52″N 8°47′30″O / 41.931236614696, -8.7917650007123
Rexión | As Eiras (O Rosal) |
---|---|
Tipo | petróglifos |
Historia | |
Períodos | Idade de Bronce, entre o ano 1200 e 600 a. C. |
Notas do sitio | |
Descuberto | 2012 |
Propiedade | Comunal |
Acceso público | Si |
Os petróglifos de Ghorghalado son un conxunto de máis de 350 motivos gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia das Eiras (O Rosal).[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
O conxunto arqueolóxico ten 350 gravados reunidos en pequenos grupos, que forman diversas composicións xeométricas e abstractas aproveitando as fendas e as irregularidades da roca esquistósica na que están labrados para ordenar a disposición.[2] Son recorrentes os círculos concéntricos, algúns con cazoleta; tamén as formas cuadrangulares e ovaladas e as liñas.[1]
Descubrimento[editar | editar a fonte]
Os petróglifos de Ghorghalado descubríronse de forma casual en 2012 por unha veciña do lugar.[3] En 2015, o Concello do Rosal, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Dirección Xeral de Patrimonio e a comunidade de montes das Eiras escavaron este xacemento que se atopaba enterrado e cuberto de vexetación e que constitúe o primeiro petróglifo que se desenterrou en Galicia para a súa recuperación.[4][1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Serantes, María; Alonso de Dios, Alberto (2022). "Petroglifos do Ghorghalado". Galicia Máxica. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ Petróglifo de Ghorgholado na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "O Rosal saca a la luz su mayor petroglifo". Faro de Vigo. 8 de marzo de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2022.
- ↑ "O Rosal muestra el petroglifo recuperado de Eiras con más de 350 motivos rupestres". Faro de Vigo. 13 de decembro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
Es la primera vez que se excava un petroglifo en Galicia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Plan Xeral de Ordenación Municipal do Rosal Arquivado 21 de febreiro de 2022 en Wayback Machine. (PXOMR), Catálogo de bens culturais-nºde ficha X_026 (Tomo V de bens culturais)