Petar Zhekov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petar Zhekov
Petar Zhekov c1970.jpg
Información persoal
Nome completo Petar Zhekov
Nacemento 10 de outubro de 1944
Lugar Knizhovnik,
Altura 1,72 m
Posición Dianteiro Centro
Información de club
Club actual retirado

Petar Zhekov (Петър Жеков) é un ex-futbolista búlgaro, internacional polo seu país e subcampión olímpico en 1968 coa selección búlgara.

Nado en Knizhovnik, na provincia de Haskovo, comezou a súa carreira no Dimitrovgrad. Logo marchou ao Beroe onde foi dúas veces máximo anotador da liga búlgara. En 1968 fichou polo CSKA Sofia, onde se converteu no seu mellor artilleiro de tódolos tempos, con 144 goles. En 1969 gañou a Bota de Ouro. Amais diso, conseguiría dúas Botas de Bronce.