Pescador de Islandia
Aparencia
| Pescador de Islandia | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Pescador de Islandia[1] (en francés: Pêcheur d'Islande) é unha novela do escritor francés Pierre Loti que foi orixinalmente publicada en 1886. Conta a romántica mais inevitablemente triste vida dun pescador bretón que navega cada verán até as costas de Islandia na busca de bacallau. O crítico literario Edmund Gosse considerouna a "máis popular e máis fina de tódalas obras de Loti".[2]
O estilo de Loti é unha mestura da escola realista francesa, como a representada por Émile Zola, e unha forma de impresionismo literario.[2]
Foi traducido ó galego por Xavier Senín[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pescador de Islandia. Traducido por Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-941211-8-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, "Pierre Loti", de Edmund Gosse
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 22. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.