Perfil do solo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O perfil do solo é a exposición vertical de capas horizontais do solo, denominadas precisamente horizontes. Estes son o conxunto de calidades que lle son propias a un solo (textura, cor etc.). Nos solos pódense distinguir horizontes órganicos e minerais.

Horizontes[editar | editar a fonte]

Nun solo ben desenvolvido podemos distinguir tres horizontes:

  • Horizonte A: é unha capa superficial (máximo de 0,5 metros de profundidade). Está constituido maioritariamente por materia orgánica, polo que é de cor escura; as partículas que o compoñen son moi finas. É unha capa moi porosa.
  • Horizonte B: é o subsolo (profundidade máxima de 1 metro). Está formado por produtos da alteración das rochas lindantes e recibe tamén o material orgánico e mineral do horizonte superior. A súa cor é parda ou avermellada pola presenza do óxido de ferro.
  • Horizonte C: é o máis profundo e está constituído por materiais separados do fondo rochoso. Está formado por cantos soltos nunha matriz de arxila e area, cada vez máis numerosas e de maior tamaño.

Procesos[editar | editar a fonte]

O perfil do solo está suxeito a tres procesos:

Todos estes procesos son importantes para a conservación dos solos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]