Horizontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Horizontes foi un semanario editado en Lugo entre 1932 e 1933.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del P.R.R.S. de Lugo, apareceu en decembro de 1932[1]. Voceiro do Partido Republicano Radical Socialista de Lugo, entre os seu colaboradores figurou Ánxel Fole co pseudónimo Bacurín. O último número coñecido é o 24, que corresponde ao 21 de maio de 1933.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 13-12-1932, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]