Saltar ao contido

Perfecto Allo Sabor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPerfecto Allo Sabor
Biografía
Nacementoxaneiro de 1907 Editar o valor en Wikidata
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1938 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Cornazo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5108

Perfecto Allo Sabor, nado no Grove en xaneiro de 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o 12 de abril de 1938, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro. Afiliado ao sindicato mariñeiro La Fraternidad do Grove da CNT. Foi o representante dos mariñeiros do Grove e outros portos da ría de Arousa nas negociacións provinciais para resolver o conflito do baixo prezo da sardiña celebradas en Vigo en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse primeiro durmindo no mar e no monte despois nun agocho que lle fan na casa. Polo día cosía zapatillas e remendaba calzado e roupa para axudar na economía doméstica. Foi detido na madrugado do 12 de abril de 1938, cando un grupo de gardas civís practicaban rexistros domiciliarios por ter confidencias de que varios fuxidos baixaban ás casas dos seus familiares para pasar a noite. Aplicáronlle a "lei de fugas". O seu cadáver apareceu no Monte Lobeira, na parroquia de Cornazo, e foi soterrado no cemiterio desa parroquia xunto co de Manuel Álvarez Silva. A súa morte foi rexistrada en Vilagarcía de Arousa a causa da fractura da bóveda do cranio e a perda de masa encefálica producida por unha bala.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rita Rodríguez Baúlde en 1931.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]