Saltar ao contido

Per Petterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPer Petterson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor, bibliotecario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoNovela Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3782699 Editar o valor en Wikidata

Per Petterson, nado o 18 de xullo de 1952 en Oslo, é un escritor noruegués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro libro foi Aske i munnen, sand i skoa (1987), unha colección de relatos curtos. Dende entón, publicou varias novelas con boa acollida crítica. Til Sibir (1996), ambientada na segunda guerra mundial, foi publicada en 1996 e ficou nomeada para o Premio de Literatura do Consello Nórdico. Em kjølvannet (2002) é o relato dun mozo que perdeu a súa familia no naufraxio do Scandinavian Star en 1990 (Petterson perdeu a súa nai, pai, irmán máis novo e mais a súa sobriña no desastre). Este traballo gañou o Premio Brage 2000. A súa novela Jeg forbanner tidens elv (2008) gañou o Premio de Literatura do Consello Nórdico, un ano despois da súa aparición.

Antes diso, porén, publicara Ut og hester stjæle (2003), unha novela que gañou dous dos principais premios literarios de Noruega, o de crítica e mais o de libreiros ao mellor libro do ano.[1][2]

Traballou como dependente dunha librería, tradutor e crítico literario antes de converterse en escritor a tempo completo. Cita como influencia a Knut Hamsun e Raymond Carver.[3]

As obras de Petterson foron traducidas a case cincuenta linguas.

  • 1987 – Aske i munnen, sand i skoa
  • 1989 – Ekkoland
  • 1992 – Det er greit for meg
  • 1996 – Til Sibir
  • 2000 – I kjølvannet
  • 2003 – Ut og stjæle hester[4]
  • 2004 – Månen over Porten
  • 2009 – Jeg forbanner tidens elv[5]
  • 2012 – Jeg nekter
  1. Ballbona, Anna (31.01.2017). "Per Petterson: "Sempre m’ha fascinat com les petites coses poden provocar un gran canvi"". El Temps. 
  2. Serra, Montserrat (1/11/2016). "Per Petterson: “El cos és el camp de batalla de les emocions”". VilaWeb. 
  3. Greene, Richard Allen (2 de novembro de 2005). ""When you drive a car, if you look right in front of the car, you will crash. You have to look ahead," Norwegian author Per Petterson suggests.". BBC News. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  4. El Biblionauta, ed. (27 de marzo de 2017). "Sortir a robar cavalls (2003) – Per Petterson". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2020. 
  5. "Maleeixo el riu del temps, de Per Petterson". El bloc de Biblioteques de Barcelona. 2015-12-03. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2020.