Pequena Tobago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pequena Tobago
View of Little Tobago from Blue Waters Inn.jpg
Vista da Pequena Tobago desde Blue Waters Inn, Speyside, Trindade e Tobago, Tobago, coa próxima Illa Goat á dereita. O edificio branco é a antiga casa do escritor Ian Fleming
Pequena Tobago en Trinidad e Tobago
Pequena Tobago
Pequena Tobago
Situación
País Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago
Arquipélago Antillas Menores
Mar Mar Caribe
Coordenadas 11°18′N 60°31′O / 11.300, -60.517Coordenadas: 11°18′N 60°31′O / 11.300, -60.517
Xeografía
Superficie 1 km²
Punto máis alto 37 m.

Pequena Tobago ou Illa das Aves do Paraíso (en inglés: Little Tobago ou Bird of Paradise Island) é unha pequena illa fronte á costa nororiental de Tobago, e parte da república de Trinidad e Tobago. A illa é de aproximadamente 1 quilómetro cadrado de superficie e está situada en latitude norte 11 ° 18 ' e 60 ° 31' lonxitude oeste, aproximadamente a 2,4 km de Speyside. O punto máis alto na illa está de aproximadamente a 37 m sobre o nivel do mar.

A illa posúe bosques secos, Trátase dun importante criadeiro de aves mariñas, Pequena Tobago é tamén un bo sitio para ver o proceso por medio do cal as aves reprodúcense nas pequenas illas veciñas.

O mar entre Tobago e Pequena Tobago é pouco profundo, é pódense ver atractivos peixes tropicais que habitan nos corais de vivas cores. É un área popular para o mergullo, especialmente no arrecife "Angel" fronte á illa Goat.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1909 Sir William Ingram introducíu a gran ave do paraíso (Paradisaea apoda) na illa, nun intento de salvar a especie da caza excesiva para o comercio das plumas na súa nativa Nova Guinea. Preto de 45 aves novas foron introducidas na illa. Logo da morte de Ingram en 1924 os seus herdeiros cederon a illa ao Goberno de Trinidad e Tobago como santuario de vida silvestre. As aves sobreviviron na illa ata polo menos 1958, cando foron filmados por un equipo de National Geographic. Non hai rexistros fiables logo de 1963, cando o ciclón Flora golpeou a illa e a poboación presúmese que se extinguiu.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pequena Tobago