Pentrámetro iámbico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pentámetro iámbico é un tipo de verso de cinco pés de iambo, cada un dos cales adoita estar composto de dúas sílabas, unha non acentuada e outra acentuada, e unha sílaba opcional non acentuada ao final. É unha métrica sen rima.

Escritores ingleses como William Shakespeare ou Christopher Marlowe e o norteamericano Allen Ginsberg compuxeron gran parte da súa obra dramática con esta métrica. O poeta Nicanor Parra investigou en maneiras de flexibilizala, para poder favorecer a fluidez na tradución de Shakespeare ao español chileno. Parte dos seus resultados poden lerse na súa tradución do rei Lear, comezada en 1990 e publicada en Lear, rey & mendigo(2004)[1]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Un pé iámbico é unha sílaba non acentuada seguida dunha acentuada. O seu ritmo pódese describir da seguinte forma:

da DUM

Unha liña de pentámetro iámbico son cinco pés iámbicos nun mesmo verso:

da DUM da DUM da DUM da DUM da DUM

Na métrica inglesa adoita representarse este ritmo cunha 'x' para a sílaba átona e cunha '/' para a sílaba tónica. Seguindo este criterio, o pentámetro iámbico represéntase da seguinte forma:

x / x / x / x / x /

A liña 39 da segunda escena do primeiro acto na tempestade é un exemplo de pentámetro iámbico.

A time before we came unto this cell?

Podemos marcar a métrica desta liña como segue:

x
/
x
/
x
/
x
/
x
/
A time be- fore we came un- to this cell?

Marcamos a división entre os pés cunha |.

x
/
x
/
x
/
x
/
x
/
A time | be fore | we came | un to | this cell

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Iambo
  • Trímetro iámbico
  • Acento (métrica)
  • Pé (métrica)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parra, Nicanor (2006). "Introducción, por Niall Binns". Obras completas & algo + (1935-1972). Barcelona: Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores. pp. XXIX–LXXVI. ISBN 978-956-9105-01-2. OCLC 907005296.