Penedo dos Mouros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°11′58″N 8°32′19″O / 42.199527777778, -8.5385277777778

Estado actual[cando?] da caseta e dos penedos.

O penedo ou caseta dos mouros é unha peculiar formación situada na estrada que, no concello de Ponteareas, une os barrios da Lomba (Areas) e o Viveiro (Ribadetea). Trátase dunha construción artificial localizada entre uns penedos de grandes dimensións, moi comúns en todo o municipio.

A construción foi obra do primeiro gardamontes da Serra do Galleiro, que vivía na casa do Viveiro (agora en ruínas), empregando este lugar para gardar ferramenta de traballo.[Cómpre referencia]

Casa do Viveiro, antigo fogar do gardamontes da Serra do Galleiro.

Lenda[editar | editar a fonte]

Conta a lenda que Amador, o “canteiro de San Blas”, barrio da veciña parroquia de Areas, non cría na lenda da caseta e no seu poder máxico, así como tampouco na existencia de ouro no seu interior. Decidiu facela voar polos aires como acostumaba co resto de pedras e penedos. Dise que cando se dispuña a introducir a dinamita na pedra, esta estourou, ferindo de gravidade ao canteiro, o cal perdeu un brazo e a visión dun ollo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jzp (2015-03-22). "Ponteareas Historia Viva: A lenda do Penedo dos Mouros, Ribadetea". Ponteareas Historia Viva. Consultado o 2019-04-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]