Pelonulinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pelonulinos

Limnothrissa miodon
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Pellonulinae
Berg, 1955
Especies
  • Véxase texto

A dos pelonulinos (Pellonulinae) é unha unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae). O seu rexistro fósil abarca desde o eoceno, hai 55 millóns de anos, até a actualidade.[1]

O centro de distribución da subfamilia, con máis da metade das especies á a África occidental. Hai tamén especies que viven no sur e no leste de África (especialmente en Tanzania), na India, no sueste de Asia e en Australia. No Novo Mundo non se encontran hoxe en día, pero o xénero Knightia foi un dos máis abundantes no eoceno, encontrándose por primeira vez na Formación Green River en Norteamérica.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

As especies dos pelonulinos son relativamente pequenas. Algunhas poden alcanzar até 20 cm de longo, pero a media é de 5 a 10 cm, e algunhas especies ananas só chegan a ter unha lonxitude corporal de 1,8 a 2 cm. A maioría das especies están cubertas de escamas.[3]

A boca é terminal, e algunhas especies teñen o maxilar inferior sobresaíndo do superior. Os dentes son pequenos e xeralmente cónicos.[3]

A aleta dorsal, pequena, está situada no centro do lombo, a aleta anal é curta e está sempre detrás do último raio da aleta dorsal.[3]

Vida[editar | editar a fonte]

Polo xeral viven en augas doces, e algunhas especies en auga salobre en esteiros ou lagoas de auga salgada.[3]

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Knightia alta, especie da subfamilia dos pelonulinos, fósil do eoceno (hai ca. 56 Ma) de Colorado, Estados Unidos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560.
  2. Grande, Lance (): "A revision of the fossil genus Knightia, with a description of a new genus from the Green River Formation (Teleostei, Clupeidae)". American Museum novitates, nº 2731. Resumo Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Whitehead P.J.P.; Nelson, G. J. e Wongratana, T. (1988): "FAO species catalogue, volume 7: Subfamily Pellonulinae" pp. 132–144. En: Clupeoid Fishes of the World (Suborder Clupeoidei). Roma: FAO Fisheries Synopsis 125. ISBN 92-5-102340-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF