Pelham Humfrey
Pelham Humfrey | |
---|---|
Nacemento | 1647 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 14 de xullo de 1674 |
Lugar de falecemento | Windsor |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | compositor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Pelham Humfrey (variantes do nome: Humphrey e Humphrys), nado en Londres en 1647 e finado en Windsor, Inglaterra, o 14 de xullo de 1674, foi un compositor inglés do Barroco. Foi o primeiro da nova xeración de compositores ingleses marcada polo inicio da Restauración en coller relevancia.[1]
Aos seus dezasete anos, Humfrey xa era moi coñecido polos seus himnos, e o rei enviouno a estudar a París, probabelmente en xaneiro de 1665, onde colleu moitas influencias da música da corte francesa. Nos alicerces da música que escribiu ao seu regreso, tamén demostrou ter asimilado o estilo vocal máis expresivo de Giacomo Carissimi. Máis tarde, sucedeu a Henry Cooke (o seu sogro) no cargo de mestre do coro da Capela Real e tamén se converteu en compositor da corte.
No xornal de Samuel Pepys fanse comentarios críticos acerca do xeito de vestir e mesmo do comportamento en xeral de Humfrey[2].
Malia morrer moi novo, aos 27 anos, Humfrey Morreu exerceu, xunto con Matthew Locke, unha forte influencia sobre os seus compañeiros, entre os que estaban William Turner, Henry Purcell e John Blow. A súa morte tan temperá considérase como unha das traxedias máis grandes na historia de música inglesa. Á súa morte xa producira varios traballos de grande intensidade e o poder expresivo, como é o caso do himno O Lord my God ("Oh, señor, meu Deus")[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cummings, Robert. Biografía de Pelham Humfrey. En www.allmusic.com
- ↑ Diario de Samuel Pepys. 15 de novembro de 1667.
- ↑ Catálogo das composicións de Pelham Humfrey. En www.allmusic.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dennison, Peter. Pelham Humfrey. Oxford: Oxford University Press, 1986.
- Scholes. Percy (1970). Ward, John Owen, ed. The Oxford Companion to Music.Oxford University Press.
- Madeira, Bruce. "Humfrey, Pelham", Grove Music Online. Ed. L. Macy, grovemusic.comArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine..
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Partituras de Pelham Humfrey na Biblioteca Coral de Dominio Público.
- "Humfrey, Pelham". Dictionary of National Biography. Smith, Elderr & Co. Londres. 1885–1900.
- composers-classical-music.com