Saltar ao contido

Pedro Piqueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Piqueras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro María Piqueras Gómez Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Albacete, España Editar o valor en Wikidata
Director Informativos Telecinco
xaneiro de 2006 – decembro de 2023
Director Radio Nacional de España
maio de 2004 – xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlbacete
Madrid Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - Q67146338 Traducir (1972–1977) Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, redactor xefe, presentador de novas, locutor, Q113320282 Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - decembro de 2023 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMediaset España (2006–2023)
Atresmedia (1993–2004)
RTVE (1977, 2004–1993, 2006) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0685043 Instagram: pedpiqueras BNE: XX979127 Editar o valor en Wikidata

Pedro María Piqueras Gómez, nado en Albacete o 6 de maio de 1955, é un xornalista español. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, dedicou a maior parte da súa carreira á información en radio e televisión, traballando como presentador de informativos ou programas de actualidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1977 formou parte do persoal de RNE como Redactor de Radio Exterior de España e da área Internacional de RNE. Anos máis tarde foi director de Informativos da Fin de Semana, director de 24 Horas e Director de Informativos 2. Tamén en RNE, ocupou a dirección de Al cabo de la calle e Abrimos los sábados.

En 1988 ingresou no persoal de informativos de Televisión Española como director de Telexornal (1988-1993), tanto da súa Primeira coma súa Segunda Edición e tamén do espazo Buenos días (1989-1990).

En 1993 uniuse á nova cadea privada Antena 3 Televisión como director e presentador xunto a María Rey da segunda edición de Antena 3 Noticias. En setembro de 1996 asume a dirección e presentación do informativo semanal Espejo público.

En 1998 volve aos informativos á fronte das edicións de Fin de Semana xunto a Miriam Romero, primeiro, Sandra Barneda e finalmente en solitario. En 2002 faise cargo das mañás de Antena 3 co errado magazine A plena luz que só estivo en antena durante 3 meses. Nos labores de presentación estivo acompañado por Yolanda Alzola e Mar Saura.

Desde ese momento ocúpase de diversos especiais como Diario de Guerra e, a partir de setembro de 2003, pon en marcha o late night informativo 7 días, 7 noches. En marzo de 2004 asume a dirección e presentación do faladoiro matinal La Respuesta, cargo que abandonou dous meses despois para asumir a dirección de RNE.

En 2004 foi nomeado director de Radio Nacional de España. Accedeu á dirección de Radio Nacional tras estar en Antena 3 sen poder facer informativos, "por unha cuestión non profesional". Ocupou o cargo, do que dimitiu, até xaneiro de 2006. Ademais despois do seu paso por Antena 3 volveu a TVE onde en La 2 dirixiu e conduciu o espazo de debate Enfoque (2004-2006).[1]

O 25 de xaneiro de 2006, a cadea privada Telecinco confirma que Pedro Piqueras será o director de Informativos da cadea, en substitución de Juan Pedro Valentín. Isto provoca cambios nos informativos, tanto na cabeceira como na sintonía que tivera durante os anos anteriores. Ademais de ser o director de informativos tamén presenta Informativos Telecinco de luns a venres ás 21h, excepto períodos estivais. Na súa nova etapa en Telecinco consegue que o informativo que presenta impóñase con folgura ao de Antena 3 e a partir do 2012 superando con fartura tamén ao de TVE.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]