María Rey
(2019) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de marzo de 1967 Tomiño |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
| Familia | |
| Cónxuxe | Manuel Campo Vidal |
| Pai | José Luis Fernández Lorenzo |
María Fernández Rey, coñecida como María Rey, nada en Vigo o 21 de marzo de 1967,[1] é unha xornalista e presentadora de televisión galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do veterinario e político José Luis Fernández Lorenzo, aos tres anos trasladouse coa familia a Tomiño. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na emisora de Vigo da Cadena SER. Logo pasou a TVE onde dirixiu os servizos informativos do centro territorial de Madrid. Logo incorporouse ao departamento de televisión da Axencia EFE e en 1992 regresou a Antena 3 para presentar o informativo da fin de semana canda Roberto Arce e a edición diaria, con Pedro Piqueras.
En 1996 volveu a Antena 3, onde se fixo cargo da información parlamentaria. Paralelamente preside a Asociación de Periodistas Parlamentarios dende ese mesmo ano. A partir de 2012 comezou a colaborar coa edición española do Huffington Post.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada desde 1998 co xornalista Manuel Campo Vidal.[2] É filla de quen chegou a ser alcalde de Tomiño José Luis Fernández Lorenzo durante máis de dúas décadas.
Galardóns
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Villacastín, Rosa (2020-04-18). Diez Minutos, ed. "María Rey, el éxito de una profesional de la información seria y rigurosa" (en castelán). Consultado o 2022-01-22.
- ↑ BODA DE MARÍA REY Y CAMPO VIDAL
- ↑ Administración do Senado: "IX edición del Premio «Luis Carandell» de periodismo parlamentario" (PDF). Boletín Oficial de las Cortes Generales núm. 195, de 29 de maio de 2013: 7. ISSN 2172-9794.
- ↑ Juan Pablo Colmenarejo y María Rey, premiados con las XXVII Antenas de Plata