Pedro Pastor
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1994 (30 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Folk, Rap, hip hop, Ska, Pop |
Instrumento | Voz |
Pedro Pastor Guerra, nado en Madrid o 18 de novembro de 1994, é un cantautor español independente. Son especialmente coñecidas as súas letras de contido social, comprometido e crítico, expresadas mediante a fusión da canción de autor co folk ou o hip hop, entre outros estilos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertence a unha familia ligada ao mundo da música. O seu pai é o cantautor Luis Pastor e a súa nai, Lourdes Guerra, irmá de Pedro Guerra.[2] O ambiente familiar inculcoulle o amor pola música dende a infancia. Tomou contacto con diferentes instrumentos, entre eles o piano, e comezou a tocar a guitarra con 12 anos.[3] Pouco despois compuxo as súas primeiras cancións e comezou a participar nos concertos do seu pai, en que distribuía as súas primeiras maquetas caseiras.[4] Con 15 anos ofreceu o seu primeiro concerto en solitario, cun repertorio de composicións propias.[5]
En 2010 coñeceu os irmáns Andrés e Suso Sudón e comezou a tocar habitualmente en salas como Libertad 8 en Madrid.[6]
En 2012 saíu á luz o EP Aunque esté mal contarlo, gravado en formato acústico de voz, guitarra, baixo e violín. O traballo inclúe 6 temas de mensaxe comprometida e crítica, conforme o espírito inconformista do cantautor. Con este repertorio realizou a súa primeira xira por diversas cidades españolas.[7]
En 2014 publicou La vida plena, o seu primeiro disco.[8] O traballo foi autoeditado e distribuído de maneira independente, no seu afán de conectar directamente co público. La vida plena define a personalidade creadora de Pastor, con temas sobre as vivencias e ideais do ser humano e un alto contido social e político de transfondo.[9][10] O traballo inclúe os temas La vida plena, Verde Selva e Mi anarquía. O álbum foi presentado ese outubro na sala Galileo Galilei de Madrid. Con este traballo realiza unha xira por España e América Latina.[11]
En 2016 publicou Solo los locos viven la libertad, en colaboración co músico e poeta Suso Sudón. O traballo, composto por 11 temas de autoría compartida (salvo El tiempo está después, de Fernando Cabrera), gravouse en directo no Museu Bar L’Oncle Jack de Barcelona. O álbum reúne música e poesía nun estilo que eles mesmos denominan poecanciones.[12]
En 2017 autoeditou o seu segundo disco, SoloLuna.[13] O álbum, con sons coma o folk latinoamericano, a música africana e o ska, inclúe un dúo co seu pai, Luis Pastor, titulado Centro.[14] Con este traballo realiza unha xira por España, a Arxentina, Colombia e Chile, co seu grupo Los Locos Descalzos.[15]
En 2019 publica xunto a Los Locos Descalzos o seu terceiro álbum de estudio, Vulnerables. Conta coas colaboracións de Perotá Chingó, El Caribefunk, Fetén Fetén e Suso Sudón. O tema Desnudémonos aparece como primeiro single deste traballo.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Aunque esté mal contarlo (EP) (2012)
- La vida plena (2014)
- Solo los locos viven en la libertad (2016) (con Suso Sudón)
- SoloLuna (2017)
- Vulnerables (2019) (con Los Locos Descalzos)
- vVueltas (2021) (con Los Locos Descalzos)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedro Pastor: "Compongo canciones en búsqueda de la verdad" Arquivado 16 de xuño de 2022 en Wayback Machine. Cadena Ser. 26 de febreiro de 2017
- ↑ Luis y Pedro Pastor: "Han privatizado hasta la expresión más natural del arte, la música" 20 Minutos. 10 de xuño de 2016
- ↑ El cantautor Pedro Pastor y su 'Vida Plena' Granada Hoy. 28 de marzo de 2015
- ↑ Pedro Pastor, hijo de Luis Pastor, debuta como "cantautor" del siglo XXI La Vanguardia. 8 de outubro de 2014
- ↑ Pedro Pastor: "Aprendí el oficio en casa y tuve medios para hacerlo bien" Hoy. 30 de marzo de 2017
- ↑ Pedro Pastor: “Creo en el deber del cantautor para unir las voces críticas del pueblo” C'mon. 22 de xullo de 2013
- ↑ Pedro Pastor inicia hoy en Tenerife su primera gira Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. El Día. 12 de xaneiro de 2013
- ↑ La aventura del saber: Pedro Pastor RTVE. 31 de outubro de 2014
- ↑ Pedro Pastor en La Frontera Público. 22 de marzo de 2018
- ↑ La poesía (y el arte) de los cantautores El Mundo. 2 de xuño de 2016
- ↑ Pedro Pastor presenta su primer disco La vida plena Diariofolk. 9 de outubro de 2014
- ↑ Pedro Pastor y Suso Sudón: "Es necesario el mestizaje musical" Página 12. 10 de febreiro de 2018
- ↑ Pedro Pastor: «Hay que cuestionarlo todo» El Diario Vasco. 24 de marzo de 2017
- ↑ Pedro Pastor continúa la tradición familiar con Los Locos Descalzos La Opinión de Murcia. 19 de maio de 2018
- ↑ Pedro Pastor viaja por todo el mundo en SoloLuna, su nuevo disco Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. 100x100 Música. 30 de marzo de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pastor, Luis (2017). ¿Qué fue de los cantautores?. Nórdica.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 17 de outubro de 2018 en Wayback Machine.