Pedro Bazán de Mendoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Pablo Bazán de Mendoza»)
Infotaula de personaPedro Bazán de Mendoza
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1758 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte1835 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , político , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro Pablo Bazán de Mendoza, nado en Cambados o 22 de xaneiro de 1758 e finado en París (Francia) en 1835, foi un político, escritor e tradutor liberal e afrancesado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia da pequena nobreza, fillo de Benito José Bazán de Mendoza e Ángela Antonia Ojea y Rojas.[1] Estudou Filosofía no colexio beneditino do mosteiro de San Xoán de Poio, e de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na que recibiu o grao de bacharel (1776), licenciado (1781) e doutor (1782). Foi xuíz de excesos e catedrático de Prima de Leis (elementos das leis). En 1783 era o presidente da Academia de ambos Derechos, ingresando na Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Investigacións recentes demostraron a súa condición de clérigo, un simple beneficiado, aínda que non se sabe se o foi toda a súa vida.[2]

Un importante afrancesado[editar | editar a fonte]

De espírito liberal e progresista, do que xa dera mostras a finais do reinado de Carlos III, en tempos de Carlos IV fundou, no cuarto do vicerreitor José González Varela un club de discusión política, receptor das novas ideas que viñan da Revolución Francesa, converténdose no máximo dirixente dos afrancesados santiagueses.[3] O reitor Andrés Acuña prohibiulle a defensa pública as súas conclusións, nas que propugnaba unha renovación total dos estudos universitarios.

As súas accións eran moi aparatosas: contan que paseou por Santiago, e chegou até Padrón, montado nun burro ataviado coas insignias doutorais, e fixo diversas protestas relativas á vida universitaria. Acusado de escándalo, privóuselle do dereito a voto (no claustro universitario);[4] porén, foi catedrático de Institucións Civís na Universidade (1806). Por esta época fixo a tradución de Hirza, de Voltaire (Madrid, 1806).

Coa chegada dos franceses a España en 1808, felicitou a Murat nunha carta asinada tamén por González Varela e por José de la Vega, médico e catedrático de Física, razón pola cal a Universidade, o 1 de xuño de 1808 proscribiunos do claustro, e a Xunta gobernativa iniciou o correspondente proceso.

Pero ao ser ocupado Santiago polas tropas francesas, Bazán e os seus compañeiros, que prestaran xuramento de fidelidade a Xosé I, foron restituídos nas súas cátedras. Durante a ocupación francesa en Galicia, os mariscais Soult e Ney impuxeron unha administración que non coincidiría exactamente co modelo que o rei Xosé I quería impoñer no estado español a imitación do modelo francés. Así, en Galicia, o mariscal Duque de Elchingen, (ou sexa, Ney)[5], como comandante do exército francés en Galicia mantivo as sete provincias coa capital en Santiago, creou un Consello Xeral composto por representantes do clero, a nobreza, o comercio e os propietarios, nomeou corrixidor de Santiago a Manuel Sánchez Boado Fraguío, catedrático da universidade compostelá. Para esta institución creou a figura de Director con categoría superior á de Reitor, para a que designou a Bazán de Mendoza.[6] e que ostentaba tamén, entre outros cargos, o de Director Xeral da Policía da cidade e provincia de Santiago, novo corpo que se crea neste momento.[7] , intendente de exército, xuíz de imprentas, superintendente de Correos e Postas, Inspector e censor rexio da Universidade. Bazán usou estes poderes ao servizo da causa francesa, suprimindo o tribunal da Inquisición, e detendo a todos os seus membros o día de San Pedro Mártir de 1809, enviándoos ao cárcere da Coruña. En abril dese ano publicou Carta a un patriota español.

A colaboración de catedráticos da universidade co exército francés foi considerábel. Esa fidelidade sería recompensada co nomeamento de moitos deles para ocupar cargos públicos na cidade. Así, catro personaxes desta institución serían nomeados por Bazán Maxistrados Inspectores da Policía Xeral para a cidade de Santiago[8].

Pero, naturalmente, non todos na universidade eran da mesma tendencia. E así, aos poucos días de constituírse a Xunta nesta cidade, decide formar un Batallón, coñecido co nome de Batallón Literario e formado por seis compañías de 168 cadetes cada unha. A noticia foi sorprendente, xa que se trataba de universitarios, fillos das familias máis ilustres de Galicia. Á súa fronte, como comandante xefe do Batallón, estaba Ignacio Armada y Montenegro, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla que sería premiado, o abandonar Galicia os franceses, co título de doutor en todas as facultades compostelás. O batallón integraríase no corpo de exército de Blake (quen, por certo, tivo que separar a algúns cadetes por falta de ánimo para sacrificar as súas vidas).

Ao termo da ocupación francesa foi exonerado de todos os seus cargos e expulsado da universidade polos seus propios colegas. Cando os franceses abandonaron Santiago, o 23 de maio de 1809, fuxiu con eles. O 28 de xuño de 1811 pronunciou na catedral de Soria un Discurso sobre la toma de Tarragona por las tropas francesas, exiliándose despois en Francia. Coa revolución de 1820, Bazán intentou regresar a Santiago, mais a Universidade opúxolle reparos regulamentarios para non autorizalo.

O seu labor como tradutor[editar | editar a fonte]

Xa antes de saír de España empezara a traducir obras francesas: Esther e Británico de Racine representáronse con certo éxito, aínda que non chegaron a imprimirse; atribúeselle así mesmo a tradución da traxedia clásica de Sauvigny Hirza, co título Religión, patria y honor triunfan del más ciego amor, que se publicou sen o nome do tradutor en 1806.

Xa en Francia, publicou as súas dúas traducións máis importantes:

  • A da Henriada de Voltaire (1816) [9][10], libro no que se titula antigo Señor de Torrecores; a Inquisición de Santiago prohibiuno o 15 de xaneiro de 1817.
  • A da Arte poética de Boileau (1817).[11]

Morreu en París en 1835.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sologenealogia Arquivado 26 de maio de 2014 en Wayback Machine..
  2. Bazán de Mendoza, Pedro Pablo (1758-1853)
  3. Barreiro Somoza, J. (1975): "Bazán de Mendoza, Pedro Pablo". GEG (véxase bibliografía).
  4. MCN Biografías
  5. Proclama do mariscal Ney aos habitantes da provincia de Santiago:
    EL MARISCAL DUQUE DE ELCHINGEN, Gran Cordon de la Legion de honor del Orden de Christo y de la Corona de fierro, Comandante del Exercito francés en el Reyno de Galicia.
    A los Havitantes de la Provincia de Santiago.
    Havitantes de la Provincia de Santiago:
    Os he dado una forma de Gobierno que puede labrar vuestra felicidad en las actuales circunstancias: hé escogido entre vosotros ls personasn que en todo tiempo merecieron vuestra estimación y confianza.
    Las violencias, las pérdidas, los males irreparables de la guerra serán aliviados y reparados: os doy los medios para qu os ocupeis vosotros mismos de vuetro propio interés: aprrobré todo lo que os sea ventajoso, y haré por mi parte sacrificios para concurrir à todo lo que pueda mejorar vuestra suituacion.
    si algunos sediciosos amenazaren vuestra tranquilidad, y viestras propiedades, los reprimiré con la velocidad de rayo.

    Los enemigos de vuestra Patria, cuya ambicion particular quiere prologar la guerra civil, serán echados de vuestro territorio: se justo on todo el mundo, y principalmente con los soldados del cuerpo de Exército que está á mi mando.
    Si la voz de la razón no fuese escuchada, si las intrigas de algunos hombres, que no viven sino á costa de las desgracias de sus conciudadanos, hicieran callar los sentimientos de la humanidad, y del verdadero Patriotismo, seré inexorable con cualesquiera deliquente del estado y condicion que fuere.
    S. M. I. y R. me ha confiado el mando de este Reyno. Estoy prionto á sepultarme en sus ruinas con el último soldado de mi Exército para hacer respetar el nombre de mi Soberano, el de su augusto hermno, y la autoridad de las leyes.
    Sea qual fuese el resultado ó el partido que estë obligado a tomar, he tratado de reparar, y hacer olvidar las calamidades de la Guerra. Mi conciencia y mi Exército me tienen sin cuidado por lo que puede suceder en adelante.

    Dado en la Coruña, á 6 de Marzo de 1809.
    El Mariscal Duque de Elchegen.
    Publicado en Arquivo histórico da Universidade de Santiago de Compostela. AHUS: Municipal: 522.
  6. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma, p. 126.
  7. Euarchives. Evidence (en castelán) Consultada o 18/4/2012.
  8. Edicto de Bazán de Mendoza informando dos nomeamentos de Maxistrados Inspectores de Policía:
    NOS EL D.R D. PEDRO BAZAN DE MENDOZA, Director General de la Policía de la Capital y Provincia de Santiago, Intendente honorario de provincia de S.M.C., Primer Miembro del Consejo de la Municipalidad, Inspector, Censor Regio, y Catedratico perpetuo por S.M. de Historia y Elementos de Derecho Español de esta Real Universidad, Superintendente de Correos y Postas de la misma Provincia, Juez privativo de Imprentas en ella, y especial de todos los Ramos de la Policía Municipal &c.
    Hacemos saber al Público que S.E. el Sr. Mariscal del Imperio, Duque de Elchingen, Comandante en Xefe, y Exérfcito francés en èl, á consecuencia de Articulo expreso de la Ordenanza de organización de este supremo Juzgado de Policia general, por el que se previene la creación de Magistrados de ella, subordinados al Director general, qu delega en ellos parte de su autoridad, para ayudarle en sus funciones, se ha dignado nombrar á propuesta nuestra, y despachar los correspondientes Títulos de Magistrados Inspectores de Policía de esta Ciudad y su Provincia
    À los SS. D.RS D. Josef González Varela, Catedratico y Director,
    D. Josef Pedrosa, Catedratico y Bibliotecario mayor,
    D. Viecente Josef de Neyra, catedraico, Tesorero,
    Y D. Felipe Sobrino, Catedratico, tambien de la Universidad Real de Sant.o
    Todos los quatro Abogados, quienes, prevuiom el especual jurmento de fidelidad que se prescribe pra exercer tan grve y delicado empleo, tomaron posesión de ál en las mañanas del 26 y 27 del corriente. Y para que en esta Ciudad y su Provincia sean reconocidos, respetados, y obedecidos ciomo tales magistrados Inspectores de la Policía General, con la designacion qaue les hemos hecho de Quarteles, en la forma siguiente:
    Al Señor D. Josef Gonzalez Varela del Quartel de las Parroquias de San Andrés, Salomé y Sar.
    Al Señor D. Josef Pedrosa, del de las de San Juan, San Miguel, y San Felix de Solovio.
    Al Sr. D. Felipe Sobrino, dekl de las de Sta. Susana, S. Fructuoso, y Conxo.
    Y al Señor D. Vicente de Neyra, del de las de Santa Maria del Camino, y San Benito del Campo:
    Mandamos imprimir, publicar, y fijar en los parages acostumbrados este Edicto, que circulará al mismo efecto de nuentra orden, por todos los Lugares y Justicias de la Provincia.
    Dado en Santiago á 29 de Marzo de 1809.
    D. Pedro Bazan de Mendoza
    Director Generlal De la Policia|Por mandatao de Su Sria.

    D. Antonio de Mieravilla.
    Publicado en AHUS: Municipal: 522.
  9. Lafarga, Francisco: "La Henriada de Voltaire" en la traducción de Pedro Bazán de Mendoza (1816).
  10. De Mendoza, Pedro Bazan: La Henriada: Poema Pico Francés de Voltaire. Editorial Nabu Press. ISBN 1-146-96221-5.
  11. Despreaux, Nicolas Boileau; De Mendoza, Pedro Bazan Arte Poetica: Poema Didascalico De M. Boileau (1817). Editorial: Kessinger Publishing. ISBN 978-1-160-79640-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]