Pedro Moreda Debén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Moreda Debén, nado na Devesa (Ribadeo) en 1852 e finado na vila de Ribadeo o 27 de xullo de 1928[1], foi un industrial indiano adicado ó negocio tabaqueiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Moreda Sarmiento e Etelvina Debén Colmenares, emigrou cedo xunto con outros dous irmáns á Cuba, onde conseguiu fundar unha próspera industrial tabaqueira. Fabricou puros coas marcas Flor de Moreda (a partir de 1882), Cornelia, Imparcial e La Diligencia. Os seus cigarros tiveron medalla de ouro nas exposicións de Bruxelas (1888 e 1897) e Antuerpen (1891)[2]. Suicidóuse disparandose un tiro.

Á súa morte, a fabricación quedou en mans do seu irmán Bernardo e logo foi adquirida e trasladada ós EEUU. O seu éxito e as relacións con xentes da Devesa fixeron de tirón para a emigración da zona cara a Cuba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Las Riberas del Eo, 4-8-1928, p. 6.
  2. Pedro Moreda, el devesano que fabricó puros de fama mundial consultada o 9-11-2015.