Pedro Escobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Escobar
Biografía
Nacemento(es) Pedro Escobar Muñoz Editar o valor em Wikidata
10 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Acedera, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Coordinador xeral de Esquerda Unida de Estremadura
Período30 de setembro de 2007 – 
AntecesorVíctor Casco
  Deputado da Asemblea de Estremadura
Período21 de xuño de 2011 – 
  Concelleiro del Concello de Badaxoz
Período10 de xuño de 1987 – 28 de maio de 1995
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor
Partido políticoIzquierda Unida (IU)
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Pedro Escobar Muñoz, nado en Acedera (Badaxoz) o 10 de novembro de 1950, é un profesor e político español, deputado na Asemblea de Estremadura por Izquierda Unida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio e foi profesor de matemáticas nun centro de adultos en Badaxoz e profesor de español en Italia, Francia e Portugal.[1] Entre 1987 e 1995 foi concelleiro en Badaxoz e entre 1991 e 1995 deputado provincial.

O 30 de setembro de 2007 IU de Estremadura elixiuno coordinador xeral, tras a marcha de Víctor Casco por non obter a formación representación na Asemblea de Estremadura, co 95 por cento dos votos do Consello Político Rexional[2] e reelixido o 2 de decembro de 2012 fronte a Margarita González-Jubete co 71,48 por cento,[3] tras ser impugnada a súa reelección en outubro pola Comisión de Garantías de IU por González-Jubete recorrer a convocatoria por irregularidades na designación de delegados.[4]

IU de Estremadura, con Pedro Escobar á cabeza, abstívose na votación que deu a presidencia de Estremadura ao popular José Antonio Monago.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Izquierda Unida. "Pedro Escobar Muñoz. Candidato a la Presidencia de Extremadura". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  2. Hoy (30 de setembro de 2007). "Pedro Escobar elegido por mayoría nuevo coordinador regional de IU". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 6 de decembro de de 2012. 
  3. El País (2 de decembro de 2012). "Escobar gana en una crispada asamblea de IU Extremadura". Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  4. El País (30 de outubro de 2012). "IU repetirá la elección de su coordinador en Extremadura el 2 de diciembre". Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  5. El País (7 de xullo de 2011). "Monago ya es el primer presidente de Extremadura del PP gracias a IU". Consultado o 6 de decembro de 2012. 
Predecesor:
Víctor Casco

Coordinador xeral de IU de Estremadura

2007-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
María Teresa Rejas

Voceiro do grupo de IUna Asemblea de Estremadura

2011-actualidad
Sucesor:
No cargo