Pedro Botelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Botelho
Pedro Botelho Llevant.jpg
Información persoal
Nome completo Pedro Roberto Silva Botelho
Nacemento 14 de decembro de 1989 (30 anos)
  Salvador
Nacionalidade Brasil
Altura 1,88 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Levante
Número 11
Carreira xuvenil
2002–2004 Galícia
2005–2007 Figueirense FC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007– Arsenal FC 0 (0)
2007–2009UD Salamanca (cedido) 36 (0)
2009–2010Celta de Vigo (cedido) 27 (1)
2010–2011FC Cartagena (cedido) 39 (4)
2011–2012Rayo Vallecano (cedido) 11 (1)
2012Levante UD (cedido) 14 (0)
2012- CA Paranaense 41 (2)
2014-CA Mineiro (cedido) 11 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Pedro Roberto Silva Botelho, nado en Salvador o 14 de decembro de 1989, é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Levante UD.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arsenal[editar | editar a fonte]

En xullo de 2007,un acordo entre o Arsenal e o Figueirense levan a Pedro Botelho ao Emirates Stadium. Foi inmediatamente cedido polo Arsenal á UD Salamanca da Segunda División polo resto da tempada debido ao feito de que necesitaba un permiso de traballo para xogar en Inglaterra.

UD Salamanca[editar | editar a fonte]

Chega a España tras o acordo asinado co Arsenal polo cal o equipo londinense cede ao club español aos seus xogadores extracomunitarios para que obteñan a nacionalidade española e deixen de ocupar praza extracomuntaria cando regresen ao club do Emirates Stadium. Froito deste convenio foi a chegada de Carlos Vela. Na primeira tempada no club charro non debuta ata xaneiro co 20 ás costas tras un problema burocrático, isto faille entrar mais tarde nos esquemas de Juan Ignacio Martínez. Na segunda tempada, aínda que non empeza como titular, gáñase a titularidade. Nesta tempada unha escapada a Madrid para ver o Real Madrid-Juventus da Liga de Campións da UEFA fai que lle sancionen con 3000€. Tamén foi apartado do equipo tras saltarse o código interno do vestiario, pero tras as súas desculpas, ao día seguinte volve adestrarse. O seu adestrador, David Amaral, di que estes erros son froito da súa mocidade. En xuño de 2009, o técnico David Amaral apártao definitivamente do equipo, tras negarse a adestrar, polo que a Unión Deportiva Salamanca e o Arsenal de mutuo acordo rescinden a cesión.

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

Tras os seus problemas co Salamanca Botelho foi cedido polo Arsenal ao Celta no mercado de verán. Actualmente Pedro Botelho é un dos alicerces máis importantes da defensa do Celta e titular indiscutible do seu técnico Eusebio Sacristán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]