Pedro Almazán Ramos
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Almazán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Ferrol, España |
Morte | 21 de agosto de 1936 (26/27 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Pedro Almazán Ramos, nado en Ferrol cara a 1909 e finado no mesmo concello o 21 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1929.[1] Foi mestre da escola de Ferrol Vello dende 1932,[2] e despois de Bardaio (Cores, Ponteceso)[3] e de Quinta (O Val, Narón). Foi elixido vogal da Alianza de Izquierda Republicana de Ferrol en 1933.[4] Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 21 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pedro Almazán Ramos na páxina web Nomes e Voces.