Jesús López de Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús López de Rego
Nacemento1876
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1972
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Jesús López de Rego Labarta, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1876 e finado na mesma cidade en 1972, foi un arquitecto galego, autor entre outros edificios do Pazo do Espiño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Madrid no ano 1883. Alí estudou a carreira de Arquitectura e traballou durante tres anos, mais en 1905 obtivo unha praza como profesor de Mecánica e Construción Xeral na Escola de Artes e Industrias de Santiago, da que en setembro de 1909 foi nomeado Secretario. De 1912 a 1914 ocupou interinamente a praza de arquitecto municipal, e en 1918 foi nomeado arquitecto diocesán.

Foi vicepresidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. A finais dos anos 1920 deixou practicamente o exercicio profesional, para dedicarse ao seu labor docente e de empresario en Automóbiles Santiagueses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]