Saltar ao contido

Pazo de Galegos

Pazo de Galegos
ConcelloFrades
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°02′44″N 8°20′04″O / 43.045491666667, -8.3343138888889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(románico)
Estilo actual(século XVII)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Galegos, tamén coñecido como Pazo das Monxas, é unha casa señorial localizada no lugar do Pazo, na parroquia de Galegos (Frades).[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L.

Placa na porta do Pazo de Galegos.

Os primeiros propietarios coñecidos sitúanse en 1664. Os escudos recollen aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gayoso. Na fachada consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Entre os seus donos figurou Emilio Folla Jean, que en xuño de 1914 llo cedeu a Maximiliano Linares Rivas, alcalde de Ferrol e A Coruña. Linares Rivas deixoullo á súa filla Rosario Linares-Rivas Amil-España. Esta outorgoullo en xullo de 1966 ás Irmás de Santa Dorotea, que o rexentan na actualidade. Foron as irmás as que construíron a capela e dirixiron unha escola para a zona na década de 1960.[2]

O pazo foi visitado en 1690 pola raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II, segundo pode lerse na inscrición do lintel do portón de entrada:

El 15 de abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Nuestra Señora Doña Mariana de Neoburgo, mujer del rey Nuestro Señor don Carlos II, viniendo de La Coruña en Romería a Nuestro Santo Apóstol Santiago.

  1. Miralbes Bedera, Rosario; de Torres Luna, María Pilar; Rodríguez Martínez-Conde, Rafael (1979). "Frades". Mapa de límites de las parroquias de Galicia. Santiago de Compostela: Imprenta Paredes. p. 16. ISBN 8460014142. 
  2. Arquitectura Señorial del norte de España, de Germán Ramallo Asensio e Begoña Alonso Ruíz, consultado o 25 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]