Maximiliano Linares Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maximiliano Linares Rivas
Maximiliano Linares Rivas 1932.jpg
Nacemento século XIX
  Santiago de Compostela
Falecemento 3 de marzo de 1932
  A Coruña
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Maximiliano Linares Rivas, nado en Santiago de Compostela e finado na Coruña o 3 de marzo de 1932[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Jacobo Linares de la Peña e irmán de Aureliano Linares Rivas. Comezou os seus estudos no Seminario, chegando ata o primeiro ano de Filosofía. Saíu do Seminario e fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou con 22 anos. Instalouse en Ferrol e despois pasou á Coruña. Foi avogado do Banco de España e da Compañía do Norte. Afiliado ao Partido Conservador, en xullo de 1890 foi designado Gobernador civil da Coruña, permanecendo no cargo até novembro de 1892. Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito da Fonsagrada. Foi senador pola provincia da Coruña en 1893 e 1894. Nas eleccións de 1896 foi elixido deputado polo distrito de Betanzos. Volveu ser elixido senador pola Coruña en 1899 e 1900. Dirixiu o Partido Conservador na provincia da Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Fanny Amil-España Camino e foi avó de Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 3-3-1932, p. 2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]