Pazo de Anzobre
Aparencia
| Pazo de Anzobre | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Armentón | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Pazo de Anzobre é unha construción civil situada no lugar de Anzobre, parroquia de Armentón, concello de Arteixo.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Foi construído en cantería e galerías de cristaleiras modernas. O pazo ten os escudos de armas dos Castro, Moscoso, Figueroa ou Soutomaior. Foi propiedade de Gómez Suárez de Figueroa. Na capela do pazo celébrase a romaría dos Remedios.
Historia
[editar | editar a fonte]Pertenceu aos condes de Ximonde. Cando morreu Xacoba de Cisneros de Puga en 1860 o pazo converteuse na residencia do seu herdeiro Manuel María Puga Feijoo e máis tarde do seu fillo, Luciano Puga Blanco, e do seu neto Manuel María Puga Parga, alcalde da Coruña, coñecido como Picadillo.