Paz Padilla
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de la Paz Padilla Díaz ![]() 26 de setembro de 1969 ![]() Cádiz, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, humorista ![]() |
Período de actividade | 1989 ![]() |
Empregador | Mediaset España (2009–2022) ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María de la Paz Padilla Díaz, nada en Cádiz o 26 de setembro de 1969, é unha humorista, actriz e presentadora española actualmente ligada á cadea Telecinco.
Biografía
[editar | editar a fonte]Despois dunha etapa inicial ligada ao Hospital Universitario Puerta del Mar da súa cidade natal, como auxiliar de clínica, Paz Padilla empezou na televisión en 1994 no programa de humor Genio y Figura emitido en Antena 3. Colaborou en varios programas máis nesta cadea. En 1996 pasou ás autonómicas, copresentando o programa Inocente, Inocente e pouco despois a TVE, en 1996 pasou a Muchas Gracias 96 na Noiteboa de 1996, onde Paz Padilla o presentou e contou ademais chistes. Entre 1997 e 1999 colaborou no famoso programa Crónicas Marcianas de Telecinco, con grande éxito.
Entre 1995 e 1997 colaborou na emisora COPE. Tras continuar a súa carreira na televisión, pasou ao teatro da man do grupo El Terrat, e ao cine con películas como Raluy, una noche en el circo (1999) ou Marujas asesinas (2001), tamén interpretando papeis máis serios como a nai dun neno acosador na longametraxe Cobardes (2008). Ademais traballou na televisión de España, en ¡Ala... Dina! (2000-2001) en TVE e Mis adorables vecinos (2004-2006), en Antena 3. Durante 2008 e 2009 conduciu o late-night Paz en la tierra en Canal Sur Televisión. Tras a súa fichaxe por Telecinco en 2009, presenta Sálvame os venres; Al Ataque Chow, ocasional acces prime time de Telecinco e Dejadnos Solos (2010). Tamén presentou as galas do Nadal de Telecinco en 2009 e 2010, ambas as dúas con grandes datos de audiencia.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Programas
[editar | editar a fonte]- Genio y figura (1994-1995), colaboradora.
- Un millón de gracias (1995), colaboradora.
- Inocente, inocente (1996), copresentadora.
- Lluvia de estrellas (1996), xurado.
- Sonrisas de España (1997), copresentadora.
- Hola, hola, hola (1997), presentadora.
- La noche de los inocentes (1997), copresentadora.
- In Fraganti (2000), presentadora.
- Gala Míster España (2001), presentadora.
- Gala TP de Ouro 2000 (2001), presentadora.
- Gala Unicef «¿Cómo están ustedes?» (2000) colaboradora.
- El Gran Prix del verano (2001: Escañuela, Xaén; 2003: Fiñana, Almería), madriña.
- Shalakabula (2006), presentadora.
- Hasta que la tele nos separe (2006), presentadora.
- ¡Mira quién baila! (2006-2007), concursante edición Nadal.
- El Gong Show (2007), presentadora.
- Channel Nº4 (2007-2008), colaboradora.
- Al pie de la letra (2008), concursante.
- Espejo público (2008-2009), colaboradora.
- Pasapalabra (2005,2007,2008,2009,2010), invitada especial.
- Pánico en el plató (2009), invitada especial.
- Paz en la tierra (2008-2009), presentadora.
- Dejadnos solos (2009), presentadora.
- Al Ataque Chow (2010), presentadora.
- Sálvame Diario (2009-), (Venres e días festivos), presentadora.
- La Noche en Paz (Especial de Nochebuena) (2009,2010), presentadora.
Cine
[editar | editar a fonte]- Raluy, una noche en el circo (2000), como Mother.
- Marujas asesinas (2001), como Maite.
- Cobardes (2008), como Magdalena.
- ¿Quien Engaño Roger Rabbit? 2 (2013), como Bruja Boom. (Dobraxe)
Personaxes en programas
[editar | editar a fonte]- Genio y figura (1994-1995), varios personaxes.
- Crónicas marcianas (1997-1999), varios personaxes.
- Telepasión Española (1999).
Personaxes temporais
[editar | editar a fonte]- Cruz y Raya.com (2003) (1 episodio, varios personaxes).
- Homo zapping (2004) (1 episodio, ela mesma).
- Un paso adelante (2004) (1 episodio, como Loli).
- Casi perfectos (2004) (1 episodio, como Loli Mingo).
- Manolo & Benito Corporeision (2007) (1 episodio, como Candela).
- Pelotas (2009) (1 episodio, como Elena)
- La que se avecina (2010-actualidade) (como Chusa)
- Las chicas de oro (2010) (1 episodio)
Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- ¡Ala… Dina! (2000-2002) (40 episodios, como Dina).
- Mis adorables vecinos (2004-2006) (62 episodios, como Loli Mingo).