Pavillón de Xeo de Jaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′55″N 0°33′03″O / 42.56528, -0.55083

Pavillón de Xeo de Jaca
Esterior.
Datos
LocalizaciónJaca, España España
Construción
Inauguración2007
ArquitectoColl-Barreu Arquitectos
Estadio
Capacidade1 891 persoas
LocalíaCH Jaca

O Pavillón de Xeo de Jaca é un pavillón adicado á práctica de deportes de xeo na cidade de Jaca, na provincia de Huesca (España). O edificio foi deseñado polo estudio de arquitectura Coll-Barreu Arquitectos en 2005 e foi inaugurado en 2007 con motivo do Festival Olímpico da Xuventude Europea que se celebrou na cidade aragonesa.[1][2]

O pavillón conta con dúas pistas de xeo, unha de dimensións olímpicas (60 x 30 metros) e outra de menores dimensións (50 x 20 metros) e destinada a usos lúdicos para uso de menores de 11 anos, tratándose do primeiro edificio de España en contar con dúas pistas de xeo.[3][4] A pista principal conta con bancadas para dar cabida a 1 891 persoas, se ben a capacidade do recinto se pode ampliar ata as 3 579 persoas mediante a instalación doutras estruturas de bancadas de carácter provisional, e ata as 6 700 persoas para espectáculos con público de pé sobre as pistas.[2]

O edificio salienta pola súa estrutura de vidro e aceiro en forma de cúpula tórica.[5]

No pavillón realiza as súas actividades o Club Hielo Jaca nas súas distintas seccións: curling, hóckey sobre xeo e patinaxe artística sobre xeo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "City of Jaca Hockey Arena - Coll-Barreu Arquitectos" (en inglés). arch2o.com. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "PABELLÓN DE HIELO" (en castelán). Concello de Jaca. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  3. "Pabellón de Jaca, la pista de hielo más famosa del Pirineo" (en castelán). enjoyzaragoza.es. 26 de decembro de 2023. Consultado o 14 dee abril de 2024. 
  4. "Jaca. Pabellón de Hielo" (en castelán). Comarca de La Jacetania. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  5. "Pabellón de Hielo de Jaca" (en castelán). vacacionesconninosaragon.es. Consultado o 15 de abril de 2024. 
  6. "Secciones" (en castelán). CH Jaca. Consultado o 15 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]