Paulo Silenciario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da igrexa de Santa Sofía en 2008.

Paulo Silenciario (Paulus Silentiarius, en grego Παῦλος Σιλεντιάριος[1]) foi un poeta bizantino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ciro, seu pai, suponse que foi o ἀπὸ ὑπάτων ou consul codicillaris que escribiu algúns Epigrammata na antoloxía grega [2]. O seu avó podería ser o Floro ἀπὸ ὑπάτων ou consul codicillaris que aparece citado en diversas Novellae, e no Código de Xustiniano, pero Fabricius pensa que o avó debía ser anterior. Probabelmente dos seus devanceiros había herdar o oficio de xefe dos silentiarii (secretarios da corte).

Obras[editar | editar a fonte]

Escribiu:

  1. Ἔκφρασις τοῦ ναοῦ τῆς ἁγίας Σοφίας, Descriptio Magnae Ecclesiae s. Sanctae Sophiae, 1029 versos, 134 dos cales iámbicos e o resto hexámetros, escritos en 562.
  2. Ἔκφρασις τοῦ Ἄμβωνος, Descriptio Ambonis, 304 versos dos que os 29 primeiros son iámbicos e o resto hexámetros
  3. Epigrammata, un total de 83, que aparecen na antoloxía grega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agatías refírese a el como Παύλος Κύρου τοῦ Φλώρου ou τοῦ Κύρου τοῦ Φλώρον que podería traducirse como Paulo o fillo de Ciro Floro ou Paulo o fillo de Ciro fillo de Floro
  2. vol. II. p. 454 ed. Brunck, vol. III. p. 159, ed. Jacobs