Paulo Londra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paulo Londra
Paulo Londra concierto (cropped).jpg
Nacemento12 de abril de 1998
 Córdoba, Arxentina
NacionalidadeArxentina
Ocupacióncantante e compositor de cancións
editar datos en Wikidata ]

Paulo Londra, nado en Córdoba o 12 de abril de 1998, é un cantante arxentino de trap.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu interese polo hip hop comezou por unha recomendación da súa irmá da película 8 Mile, protagonizada por Eminem. Sobre a película, Londra comentou que

«Quedé asombrado por cómo un blanco se hizo respetar en esa cultura, por ese minuto en el que tenía que demostrar todo. Tenía que afrontar una banda de situaciones. Yo quería ser como él, lo tengo ahí arriba a Eminem».[2]

Participaba en batallas de rap, e aos 15 anos concursaba en competicións de freestyle. Saltou á fama cando concursou na batalla do Quinto Chanzo, a cal gañou.[1]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira musical en xaneiro de 2017 cando lanzou o seu primeiro sinxelo, «Relax», que logo duns meses estaba posicionado como un hit arxentino do ano.[1][3] Desde entón empezou a compor e continuou lanzando cancións.[4] A pesar de que os seus inicios son similares a outros expoñentes urbanos, Londra, a diferenza doutros artistas, evita tocar temas como violencia, insultos ou drogas nas súas cancións.[5]

Recibiu un contrato dunha discográfica multinacional, con todo, rexeitou a oferta.[6] En outubro de 2017, viaxou a Colombia para traballar co produtor Ovy on the drums e a discográfica Big Ligas.[7][8]

Participou en colaboracións xunto coa banda colombiana Piso 21 na canción «Te amo» e con Becky G en «Cuando te besé».[9][10] Tamén recibiu eloxios por parte de personalidades como J Balvin.[1]

É o terceiro artista arxentino en ingresar á lista de Billboard Social 50, logo de Lali Espósito e Martina Stoessel.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Coca, Laura (3 de agosto de 2018). "ESTE ES PAULO LONDRA, EL RAPERO QUE "RECUERDA SU BESO" CON BECKY G". Los40.com. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  2. Heinz, José (18 de xuño de 2017). "Paulo Londra: un chico relajado". Lavoz.com.ar. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  3. "¿QUIÉN ES PAULO LONDRA, EL PRÍNCIPE CORDOBÉS DEL TRAP?". El nueve. 
  4. "Quién es Paulo Londra, el cordobés que conquista los rankings con trap amable". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  5. "Paulo Londra: Su propio escalón". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  6. "Así fue el show de Paulo Londra en Posadas - Vía MisionesCuatro.com". Misionescuatro.com. 
  7. "Paulo Londra va por su segundo Gran Rex". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  8. "El trap, un nuevo fenómeno musical en Argentina". La Nueva. 
  9. "¡Piso 21 y Paulo Londra estrenaron el videoclip de Te Amo y lo amamos!". E! News. 
  10. "Becky G lanza nuevo sencillo". Diario Metro de Puerto Rico. 
  11. "Paulo Londra es el tercer argentino en ingresar al Social 50". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2019.