Saltar ao contido

Paula Prado del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaula Prado del Río

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementomarzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Secretaria xeral Partido Popular de Galicia
22 de maio de 2022 –
← Miguel Tellado
Senadora de España
13 de xaneiro de 2016 – 21 de outubro de 2016
Deputada do Parlamento de Galicia
1 de abril de 2009 –
Concelleiro Concello de Santiago de Compostela
6 de xuño de 2007 – 1 de abril de 2013 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: paulapra2 Editar o valor em Wikidata

Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoranda en Dereito Público e Teoría do Estado. É avogada especialista en dereito de familia. Foi concelleira do PPdeG en Santiago de Compostela dende 2007, voceira do Grupo Municipal e voceira da Xunta de Goberno local dende 2011. En 2009 foi candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña, foi elixida deputada e foi voceira de Xustiza do Grupo Popular. Nas autonómicas de 2012 volveu ser elixida deputada e foi nomeada voceira do Grupo Popular. En 2014 foi investigada pola Operación Pokémon e dimitiu como voceira o 4 de xuño.[1] Foi substituída por Miguel Tellado. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia da Coruña e foi elixida senadora.[2]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paula Prado dimite como portavoz del PPdeG" Faro de Vigo, 4/6/2014 (en castelán).
  2. "Ficha no Parlamento de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  3. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]