Pau Víctor
| Nome orixinal | Pau Víctor Delgado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 26 de novembro de 2001 Sant Cugat del Vallès | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pau Víctor Delgado, nado en Sant Cugat del Vallès o 26 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga principalmente como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, cedido polo Girona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Sabadell, antes de ingresar en 2018 na do Girona.[1] O 20 de xullo de 2020, sen ter xogado nunca co filial, debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Jairo Izquierdo na segunda metade dunha derrota por 2-0 ante o Alcorcón no estadio Santo Domingo.[2] Na tempada 2020/21 pasou ao Girona B, da Terceira División, co que disputou 16 partidos, marcando 6 goles. Durante esa mesma tempada participou en 10 partidos do primeiro equipo.
Para a campaña 2022/23 regresou cedido ao Sabadell, da Primeira División RFEF, onde foi titular na maioría de partidos, aportando sete goles e seis asistencias.[3] Na seguinte tempada saíu cedido de novo, desta vez ao Barcelona Atlètic.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Valery i els joves del planter Pau Víctor i Kebé són les grans novetats de la llista" (en catalán). 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ Jiménez, Álex (20 de xullo de 2020). "El Alcorcón despide el año con un cumpleaños muy feliz". Marca (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ "Pau Víctor i Àlex Sala, cedits al Sabadell" (en catalán). 29 de agosto de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ "Pau Víctor, cedit al Barça Atlètic" (en catalán). 17 de agosto de 2023. Consultado o 13 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).