Patricia Torrado Queiruga
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1987 Porto do Son, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, xornalista, museóloga |
| Premios | |
Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá, experta en conservación e restauración do patrimonio a máis de activista cultural. Editora en Toxosoutos do 2016 a 2019. Colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos.[1] En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.[2]
Nas eleccións autonómicas de 2020 foi a candidata número 9 na lista do BNG pola provincia da Coruña.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Ouveos fractais (2024). Concello de Ribeira. ISBN 978-84-128434-4-6. Participan con ilustracións e fotos Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García. Dedicado “a todas as mulleres sen voz e a todos os que ouvean canda elas”.[4]
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Don Carlos e o misterio dos lucecús (2021). Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-9995-367-0. Ilustracións de Xan López Domínguez.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- A garza en chamas (2022). Alvarellos. Relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre 2019 e 2021.
- Irmás (2023). Alvarellos. Oito escritoras renden homenaxe a mulleres destacadas de Galicia etre 1916 e 1936.
Premios
[editar | editar a fonte]- Segundo premio de microrrelatos semana sen fronteiras do Casino 1889 de Carballo en 2018
- Primeiro premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba, 2019 con Da estirpe ágrafa.[5]
- Primeiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2020, por Silencios naufragos.
- Accésit no XXV Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2020 co relato Roxanne.[6][7]
- Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do Día do Libro de Vilalba, 2020 con Confin(arte).[8]
- Primeiro Premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2020, con Herdar a fala[9]
- 2025: LI Certame Literario do Concello de Vilalba, con Nakba.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arteixo: premios do 29º Certame Manuel Murguía". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2020. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Obras gañadoras do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ Ampla representación da Costa da Morte na candidatura do BNG ao Parlamento Galego
- ↑ "A sonense Patricia Torrado presenta na súa terra “Ouveos fractais”, un libro de poemas que berra por todas as mulleres silenciadas". O Barbanza. 2024-05-21. Consultado o 2025-08-25.
- ↑ Fallo do Certame de Microrrelatos do día do libro
- ↑ Fallo do Certamen literario Manuel Oreste Rodríguez López
- ↑ "Acta del fallo de la XXV edición del certamen literario Manuel Oreste Rodríguez López". El lápiz andante. 13 de xuño de 2020.
- ↑ Fallo do Certame de Microrrelatos do día do libro
- ↑ "Xa hai gañadores do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba". Terra Chá Xa. 14 de decembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ "Patricia Torrado Queiruga gaña o LI Certame Literario do Concello de Vilalba coa obra Nakba Axenda cultural AELG::". 2025-08-25. Consultado o 2025-08-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Festexos taurinos en Porto do Son en La Voz de Galicia
- Curación literaria en La Voz de Galicia
- Casados e velados en La Voz de Galicia
- Fin de curso en La Voz de Galicia
- O veo dos recordos en La Voz de Galicia
- De obxectos e outros seres en La Voz de Galicia
- Asociacionismo agrario en Nebra en La Voz de Galicia
- A muller nos sindicatos agrarios sonenses en La Voz de Galicia
- Ánxela Franco, patrimonio inconmensurable en La Voz de Galicia
- Ánxela Franco, irrenunciable e incomparable en Nós Diario.
- As e Os=? Arquivado 30 de setembro de 2020 en Wayback Machine. en Café Barbantia Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- O vello oficio de parteira Arquivado 26 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Café Barbantia Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- Museos: consideracións xerais e análise de casos concretos en Barbantia. Anuarios de estudos do Barbanza (páxina 187).