Pastor Núñez Cariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPastor Núñez Cariño
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 2000 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pastor Núñez Cariño, coñecido como Pichoneta, nado na Pobra do Caramiñal o 18 de setembro de 1911 e finado no mesmo concello o 17 de xuño de 2000, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro da Pobra do Caramiñal. Foi administrador de consumos da Pobra do Caramiñal. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José nº 2. En Portugal foi internado no forte de Cascais, en Caxía, onde permaneceu tres meses ata embarcar no Nyassa con rumbo ás colonias portuguesas e que finalmente o levou a Tarragona onde desembarcou para incorporarse á Mariña republicana onde combateu ata o remate da guerra. Foi procesado polo xulgado de Noia no sumario 14/1937 sobre malversación de caudales.[1] Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía.

Cando rematou a guerra saíu coa Mariña de Guerra e en alta mar mandáronlle un cable ao Goberno francés pedíndolle dereito de asilo. Francia enviounos a Tunisia. Desembarcou en Bizerta con Antonio Ferreirós Martínez e foron internado nun campo de concentración preto da fronteira con Libia. Viviu en Tunisia ata 1958, cando regresou a Pobra do Caramiñal debido á morte da súa nai. Foi denunciado á Garda Civil por un veciño e tivo que volver a Tunisia, onde traballou nunha fábrica de conservas ata a súa xubilación en 1978. Retornou definitivamente a Pobra do Caramiñal onde finou en 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]