París-Roubaix 2014
Tipo | París-Roubaix |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI World Tour 2014 |
Distancia do evento | 257 km |
Lugar de saída | Compiègne |
Liña de meta | Roubaix |
Número de participantes | 199, inicio 144, final |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2014, Astana 2014, Belkin 2014, BMC Racing 2014, Cannondale 2014 (en) , Europcar 2014, FDJ.fr 2014, 2014 Garmin-Sharp (en) , Giant-Shimano 2014, Katusha 2014, Lampre-Merida 2014, Lotto-Belisol 2014, 2014 Movistar Team season (en) , Omega Pharma-Quick Step 2014, Orica-GreenEDGE 2014, Sky 2014, Tinkoff-Saxo 2014 e Trek Factory Racing 2014 | |
Localización e Datas | |
País | Francia |
Número de edición | 112 (2014) |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Niki Terpstra |
Segundo da clasificación xeral | John Degenkolb |
Terceiro da clasificación xeral | Fabian Cancellara |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… |
A 112ª edición da París-Roubaix celebrouse o 13 de abril de 2015 entre as cidades de Compiègne e Roubaix, un percorrido 257 quilómetros. A carreira finalizou como é tradicional no Velódromo de Roubaix. Ese percorrido contou con 27 sectores de pavé, un total de 51'1 km.
Este foi o terceiro monumento da tempada e a décima carreira do UCI WorldTour 2015.
Na carreira participaron 200 ciclistas. Un total de 8 por equipo.
O gañador foi o holandés Niki Terpstra, que conseguiu unha velocidade media de 41,787 km/h. Terpstra gañou a carreira logo de lanzar un ataque en solitario a 6 km da meta. De segundo chegou o sprinter alemán John Degenkolb e de terceiro o campión da edición anterior, o suízo Fabian Cancellara.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O percorrido da carreira saíu á luz o 6 de xaneiro de 2015. O trazado resultou ser dunha lonxitude de 257 km, e nel repartíronse 28 tramos de pavé que sumaron 51,1 quilómetros. A saída deuse en Compiègne (arredores de París) e a chegada foi como vén sendo habitual no Velódromo André-Pétrieux.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na competición participaron 25 equipos. 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental.
UCI WorldTour
[editar | editar a fonte]Equipo | Código | Categoría |
---|---|---|
Ag2r La Mondiale | ALM | Francia |
Astana Pro Team | AST | Kazakhstán |
Belkin-Pro Cycling Team | BEL | Países Baixos |
BMC Racing Team | BMC | Estados Unidos |
Cannondale Pro Cycling | CAN | Italia |
FDJ.fr | FDJ | Francia |
Garmin-Sharp | GRS | Estados Unidos |
Team Katusha | KAT | Rusia |
Lampre-Merida | LAM | Italia |
Lotto Belissol | LTB | Bélxica |
Movistar Team | MOV | España |
Omega Pharma-Quick Step Cycling Team | OPQ | Bélxica |
Orica GreenEDGE | OGE | Australia |
Team Europcar | EUC | Francia |
Team Giant-Shimano | TGA | Países Baixos |
Team Sky | SKY | Reino Unido |
Tinkoff-Saxo | TCS | Rusia |
Trek Factory Racing | TFR | Estados Unidos |
Profesional Continental
[editar | editar a fonte]Equipo | País | Código |
---|---|---|
Bretagne-Séché Environnement | Francia | BSE |
Cofidis | Francia | COF |
IAM Cycling | Suíza | IAM |
MTN-Qubekha | Suráfrica | MTN |
NetApp-Endura | Alemaña | TNE |
Topsport Vlaanderen-Baloise | Bélxica | VSB |
UnitedHealthcare | Estados Unidos | UHC |
Wanty-Groupe Gobert | Bélxica | WGG |
Premios
[editar | editar a fonte]Diñeiro
[editar | editar a fonte]Aos vinte primeiros da carreira, atribúeselles un premio en diñeiro segundo o baremo da Unión Ciclista internacional. Repártese un total de 91.000 € en premios.
Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º | 11º | 12º | 13º | 14º | 15º | 16º ao 20º |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 30.000 € | 22.000 € | 15. 000 € | 7.500 € | 3.200 € | 1.700 € | 1.500 € | 1.300 € | 1.200 € | 1.100 € | 1.000 € | 900 € | 800 € | 700 € | 600 € | 500 € |
Niki Terpstra gañou 30.000 €, John Degenkolb 22.000 €, Fabian Cancellara 15.000 €, Sep Vanmarcke 7.500 €, Zdeněk Štybar 3.200 €, Peter Sagan 1.700 €, Geraint Thomas 1.500 €, Sebastian Langeveld 1.300 €, Bradley Wiggins 1.200 €, Tom Boonen 1.100 €, Bert de Backer 1.000 €, Arnaud Bernard 900 €, Bernhard Eisel 800 €, Sébastien Turgot 700 €, Bjorn Leukemans 600 € e Stijn Vandenburgh, Greg Van Avermaet, Jos van Emden, Thor Hushovd e Jean-Pierre Ducker 500 €.
Puntos
[editar | editar a fonte]A París-Roubaix outorgou puntos aos corredores de equipos UCI WorldTour para o respectivo ránking.
Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 100 | 80 | 70 | 60 | 50 | 40 | 30 | 20 | 10 | 4 |
Niki Terpstra gañou 100 puntos, John Degenkolb 80, Fabian Cancellara 70, Sep Vanmarcke 60, Zdeněk Štybar 50, Peter Sagan 40, Geraint Thomas 30, Sebastian Langeveld 20, Bradley Wiggins 10 e Tom Boonen 4.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Ciclista | Dorsal | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|---|
1º | Niki Terpstra | 25 | Omega Pharma-Quick Step | 6 h 09' 01" |
2º | John Degenkolb | 121 | Team Giant-Shimano | + 20" |
3º | Fabian Cancellara | 1 | Trek Factory Racing | m.t. |
4º | Sep Vanmarcke | 11 | Belkin Pro Cycling | m.t. |
5º | Zdeněk Štybar | 24 | Omega Pharma-Quick Step | m.t. |
6º | Peter Sagan | 101 | Cannondale | m.t. |
7º | Geraint Thomas | 58 | Team Sky | m.t. |
8º | Sebastian Langeveld | 86 | Garmin-Sharp | m.t. |
9º | Bradley Wiggins | 51 | Team Sky | m.t. |
10º | Tom Boonen | 21 | Omega Pharma-Quick Step | m.t. |
11º | Bert De Backer | 123 | Team Giant-Shimano | + 26" |
12º | Arnaud Demare | 95 | FDJ.fr | + 47" |
13º | Bernhard Eisel | 53 | Team Sky | m.t. |
14º | Sébastien Turgot | 71 | Ag2r La Mondiale | m.t. |
15º | Bjorn Leukemans | 201 | Wanty-Groupe Gobert | m.t. |