Partido xudicial de Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Partido xudicial de Negreira

O partido xudicial de Negreira é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 11 da provincia da Coruña, en España.

Comprende os concellos da Baña, Brión, Negreira e Santa Comba. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Negreira. A dirección do partido sitúase na Rúa Afonso Eanes da localidade. Negreira conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]