Partido Socialista Revolucionario (Portugal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Partido Socialista Revolucionario (PSR) é un partido político portugués trotskista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi creado en 1978, durante o congreso en que a Liga Comunista Internacionalista (Portugal) (LCI) fundiuse co Partido Revolucionário dos Trabalhadores (PRT) e integrou un conxunto de militantes de varias correntes trotskistas. En 1983 concorreu ás eleccións lexislativas en coalición coa UDP, entón fronte electoral dun movemento maoísta, o PCP (R). Os resultados electorais foron desastrosos. En 1985, despois dunha reestruturación organizativa, o PSR gaña novo alento, iniciando campañas antimilitaristas e antirracistas, especialmente dirixidas á xuventude. En 1987 participa nas eleccións para o Parlamento Europeo, integrando nas súas listas candidatos independentes. Nese mesmo ano e mantendo a liña de colaboración con independentes, inicia a publicación da Revista Combate.

Os principais líderes son Francisco Louçã, Alfredo Frade, Helena Lopes da Silva e José Falcão.

Extinguiuse en 2006, sendo totalmente integrado no Bloco de Esquerda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]