Parque Nacional do Golfo de Orosei e do Gennargentu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Parque Nacional do Golfo de Orosei e do Gennargentu atópase na illa italiana de Sardeña.

Características[editar | editar a fonte]

O parque sitúase no leste da illa, ó redor do monte Gennargentu de 1.829 metros e estendéndose ata o litoral. Sendo o límite do parque contiguo á vila de Fonni. O hábitat é variado: dende a alta montaña ata os vales onde predominan os bosques mediterráneos, pasando polos areais e zonas litorais.

Flora e Fauna[editar | editar a fonte]

As aciñeiras, os érbedos e a uz branca son as especies vexetais máis habituais. Entre os mamíferos salientan o muflón, que conta cunha boa poboación no parque. Importante presenza de aves, coma a gaivota de Audouin ou as aves de presa. Entre as cales pódense atopar a aguia real, o falcón da raíña, a aguia perdiceira ou o azor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parques Nacionales y Reservas Naturales de Europa meridional. Francisco Santolalla Fragero. Editorial Blume. ISBN 84-89396-47-7 (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]